O Concello do Porriño, a través súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), e coa colaboración dos, IES Pino Manso e IES Ribeira do Louro, vai levar a cabo uns ciclos de charlas, obradoiros e cursos formativos dentro da terceira edición do Programa de Actividades de Educación en Valores “XUVENTUDE EN VALORES 2018” (educación non formal) dirixido ao redor de 1.100 alumnos da E.S.O e Ciclos de FP.
A temporalización establecida para o desenvolvemento deste programa será entre os meses de febreiro e xuño de 2018 cun total de 73 obradoiros sobre os seguintes temas:
Non sexas bocachancla. Comportamento nas Redes Sociais; O meu corpo é meu.Sexualidade responsable; Prevención, drogadiccións e outras adiccións; Dinámica da risa. Accións positivas; Hábitos saudables de alimentación; Hábitos saudables.Botellón; Educación emocional; Igualdade e diversidade; Prevención de condutas aditivas nas TIC-IS e Sensibilización e prevención de condutas sexuais de risco.
No desenvolvemento deste programa, prevalecen as dinámicas que xeran aprendizaxe dunha forma máis didáctica e divertida, para xerar reflexión e debate de forma participativa co alumnado.