O Concello do Porriño, a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX), celebra hoxe martes 10, dúas charlas para alumnos de centros de ensino porriñeses para orientación sobre saídas profesionais.
Impartense nos Institutos “Ribeira do Louro” e “Pino Manso” destinadas aos estudantes dos últimos cursos dos Ciclos Formativos que poideran estar a valorar emprender como saída profesional.

Esta mañán a concelleira de Educación, Lourdes Moure compartiu unha de esas charlas cos alumnos asistentes no IES Ribeira do Louro aos que dixou que “agardamos que estas charlas vos sexan productivas para axudarvos a elixir un futuro profesional ainda que tamén vos digo que non vos obsesioneis nin frustreis que a vida da moitas voltas e ofrece moitas alternativas”.


Esta tarde, a partir das 16,30 horas impartiráse ao alumnado de ciclos do IES Pino Manso.

Baixo o título “Mitoloxía do emprendemento”, as charlas son impartidas por instructores da empresa “Kidcode” que colabora coa OMIX en diversas actividades formativas e que comparten cos alumnos a súa propia experiencia como emprendedores e emprendedoras.
Entre outros contidos, as conferencias expoñen os diferentes tipos de emprendemento de negocios e empresas segundo os sectores e informan sobre a creación e rexistro de marcas.