Por primeira vez na súa andaina, a Escola Municipal de Música do Porriño celebrará tres “Masterclass” que impartirá Juan Carlos Díaz, mestre musical de gran experiencia e director de recoñecido prestixio.

As tres “Masterclass” terán lugar os mércores 11, 18 e 25 do presente mes de marzo, en horario vespetino, entre as 18 e 20 horas, no local da Escola Municipal de Música.
O traballo que se realizará durante estas “Masterclass” presentara no programa que tocará a Banda da Escola Municipal no VIII Festival de Bandas de Música que se celebrará o sábado 28 de marzo, na praza do Concello, a partir das 19,30 horas.

Con esta iniciativa a Escola Municipal de Música pretende espertar o interese pola música e os instrumentos de banda, entre os nenos e nenas do Porriño.