Este xoves, día 21, entra en funcionamento no Porriño o novo sistema de transporte público baixo demanda, posto en marcha pola Xunta, logo da esixencia da maioría da Corporación, para que resolvese as graves dificultades de mobilidade xeradas ás veciñas e veciños coa implantación do novo Plan de Transportes de Galicia.
As persoas que precisen desprazarse poderán pedir o servizo chamando ao teléfono 988 68 78 00, que estará operativo de 8 da mañá a 8 da tarde todos os días laboráis. Nunha única chamada poderá reservar varias prazas no autobús ou, mesmo, reservar varias viaxes para os seguintes 15 días.
A reserva debe facerse antes das 8 da tarde do día laborable anterior a aquel no que se vaia viaxar. Así, se o vindeiro mércores 27 de decembro quere coller o autobús para ir ao centro de saúde, deberá chamar antes das 8 da tarde do martes 26 de decembro. En cambio, se o martes 26 de decembro quere coller o autobús para ir facer compras, como o luns é festivo deberá chamar antes das 8 da tarde do venres 22 de decembro.
Para solicitar o servizo, cando chame, so deberá ter a man o número do seu DNI e saber cando quere viaxar e entre que paradas– poderá solicitar información da oferta dos servizos de transporte á empresa que o presta ou consultala na web www.bus.gal, na que tamén se publican os teléfonos e páxinas web das empresas-.
Ao final da chamada indicaráselle o número de confirmación da súa reserva, que deberá ter onde anotar. Se ao chamar indica un correo electrónico, enviaráselle ao mesmo a confirmación da reserva co seu número e os seus datos, o que tamén lle facilitará a súa anulación, se fose o caso.
Si finalmente non vai viaxar deberá anular a reserva. Se non o fixese, outras persoas poderán quedar sen praza.
Só terá que chamar para reservar praza para autobuses que se presten baixo demanda. Tamén pode obter información dirixíndose á empresa de transporte que preste o servizo.
Ao subir ao autobús na súa parada deberá poder indicar ao condutor o nome da persoa que fixo a reserva e o código da reserva que se lle indicou.
Se ninguén fixo unha reserva para a súa parada o autobús non pasará por ela, polo que non poderá subir. Ademais, outras persoas poderán ter reservado noutras paradas as prazas das que dispoña o autobús, polo que aínda que non estean ocupadas pode que non queden prazas libres para a súa viaxe.
A partir da posta en funcionamento do novo sistema as reservas deberán facerse a través do teléfono 988 68 78 00, e xa non será posible facelas nos teléfonos das empresas.


Nunha primeira parte teórica, os axentes ensinarán aos estudantes cal é a función da Policía Local, a súa mobilidade coma peóns, o uso da bicicleta, monopatín e patíns, o transporte de mascotas, o comportamento que deben de gardar coma viaxeiros, o uso do cinto de seguridade, o casco e os sistemas de retención nos vehículos, os sinais de circulación e o 112, o teléfono de Emerxencias.
A senda na estrada PO-331 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.
O orzamento global da actuación é de 220.336,36€ dos que 198.801,60 euros están previstos para a realización da obra e a cifra restante para as expropiacións necesarias. Nos criterios de adxudicación do contrato avaliaranse o programa e equipa de traballo, o plan de control de calidade, a memoria e o plan de actuacións ambientais, se ben o prezo ofertado suporá para as empresas unha puntuación máxima do 55% do total.
Benitez explica que a actuación consistirá na instalación dunha nova glorieta de reordenación do tráfico para mellorar a seguranza viaria, suavizar o trazado e mellorar as condicións de visibilidade e manobra. Para resolver a intersección ocuparanse dúas parcelas privadas e unha municipal e veranse afectadas dúas construcións, un alpendre-almacén e unha marquesiña de bus na parcela municipal, cuxa demolición e nova instalación se inclúe no orzamento do proxecto.