Pleno extra da Corporación e tres comisións informativas municipais convocadas para o mércores tarde

O pleno da Corporación local do Porriño desestimará presumiblemente mañá mércores as alegacións presentadas contra o expediente de crédito extraordinario 4/2019, a fin de garantir o pagamento a empresa “Eulen” de 470.000 €. Tratáse de aboar os servizos prestados pola devandita empresa polo servizo da piscina municipal, por recoñecemento de débeda por sentenza xudicial.

Este será o punto único da orde do día deste pleno extraordinario da corporación porriñesa, que se celebrará a partir das 19 horas.

Previamente convocaronse tres comisións informativas municipais que se celebrarán entre as 17 e as 18 horas. Son as comisións de Urbanismo; Economía e Fazenda e Servizos Sociais e Igualdade. Nesta última comisión informaráse a adxudicaxción definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á epresa “Sociser Galicia”.     

 

A alcaldesa e o concelleiro de Servizos Sociais visitaron en “Porremprego” os cursos de formación con 50 inscritos

Eva García de la Torre acompañada de David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais, visitaron nas instalacións do Multisusos de Torneiros os cursos de formación para obtención de emprego que imparte gratuitamente o Concello do Porriño. Son cincoenta persoas as que se inscribiron e empezaron onte luns a súa formación que durará ata o venres 27.

Nas aulas de “Porremprego” impartense cursos de manipulador de alimentos; monitor de comedor escolar; monitor de ludoteca; prevención de riscos laboráis; excel avanzado; conducción de carretilla elevadora frontal e conductor de carretilla elevadora retráctil. Todos eles foron elixidos en función da súa saida xa que son ocupacións que se demandan no mercado laboral.

O martes comeza a traballar o grupo de voluntari@s para seleccionar e embalar os alimentos recollidos no #GivingTuesday

Mañá martes comezarán a traballar os voluntari@s inscritos para seleccionar e embalar os alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña #GivingTuesday (Martes para Dar), na que o Concello do Porriño implicouse conforme o acordo que acadou o pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro.

Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da Oficina Municipal da Xuventude (OMIX) “contamos xa cun importante número de persoas voluntarias inscritas para o programa municipal de voluntariado que promove a Concellería que dirixe Lourdes Moure”.

A primeira tarefa dos voluntarios será a clasificación e distribución da gran cantidade de alimentos recollidos tanto polos nenos e nenas dos centros escolares do concello como a través da colaboración cidadá.
Este traballo realizarase en colaboración co banco de alimentos de SOS Porriño, e todo o material recollido será distribuído posteriormente entre as familias con menos recursos da localidade.

Noelia de la Fuente engadiu que “se algunha persoa está interesada ainda en sumarse a este programa municipal de voluntariado poderá informarse e inscribirse na OMIX do Concello, situada no edificio do Centro Cultural Municipal.

Acordada e definida a composición da Comisión para o Lindano

A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou onte a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.

A solicitude acordada en pleno partiu do grupo EU SON cuio voceiro prantexou que na devandita Comisión houbera representantes das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas (Sanidade e Medio Ambiente) así como dos sindicatos.

Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde propuxo a incorporación de membros das asociacións veciñais activas na zona.

Finalmente acordouse a creación da Comisión co seguinte composición:
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Socialista.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Popular.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo do Bloque Nacionalista Galego.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo de Eu Son do Porriño.
– 1 Titular do Grupo Mixto.
– 1 Titular e un 1 suplente da Plataforma de Afectados do Lindano.
– 1 representante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
– 1 representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
– 1 representante do sindicado CIG
– 1 representante do sindicato UXT
– 1 representante do sindicato CCOO
– Un representante das tres asociacións veciñais de Torneiros (Relva, Alba e San Salvador)
– Un técnico nomeado polo Concello.

Porriño participa nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia de Galicia

Alumn@s de centros escolares de O Porriño participarán mañán mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia.
A comitiva de nen@s de O Porriño acudirá acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.

A sesión será inaugurada por Fabiola García, Conselleira de Política Social; Alfonso Villares. Vicepresidente primeiro da FEGAMP e alcalde do Concello de Cervo, e Myriam Garabito, Presidenta de UNICEF Comité Galicia.

A representación da infancia porriñesa intervirá, primeiramente, nun encontro coa Conselleira entre as 10 e as 11 horas, para expoñer as súas propostas para loitar contra a pobreza.
Despois a delegación de nen@s de Porriño intervirá nun coloquio sobre “Experiencias en participación nos concellos galegos” xunto cos representantes de outras cidades declaradas “Amigas da Infancia”. que pechará as Xornadas.

Exitazo na recollida de alimentos que continuará ata o mércores 11

As imaxes que acompañan esta nova dan boa fe do exitazo que está a ter a recollida de alimentos que se realiza con motivo do #GivingTuesday e que continuará ata o vindeiro mércores día 11.


Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello de O Porriño tivo que se trasladar cara o Multiusos de Torneiros todos os alimentos que se recolleron ata de agora. A campaña nos colexios e institutos de Porriño foi impresionante, dando cumprimento ó acordo que acadara o último pleno infantil celenbrado pola mocedade porriñesa.
Tanto a responsable da OMIX como Lourdes Moure, concelleira de Educación volven a facer público un chamamento para que todos aqueles porriñeses e porriñesas que o desexen se anoten como voluntarios. Hai ainda por diante unha importante tarefa de clasificar e embalar todos estes productos para despois realizar a achega ás familias de Porriño máis necesitadas.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.

Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.

O Concello do Porriño require voluntari@s para a clasificación dos alimentos que se están a recoller no #GivingTuesday

O Concello de O Porriño, a través da OMIX fai un chamamento para que todos aqueles porriñeses interesados en botar unha mán participen como voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos recollidos no #GivingTuesday

Logo do éxito da iniciativa “Alimentos par todos/as” proposta polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia levada a cabo entre o martes día 3 e onte 5 de decembro, a Concellería de Educación e a OMIX do Concello, abren un prazo para que aquelas persoas que o desexen poidan colaborar como voluntarias.

Dende o Concello queremos aproveitar a celebración do Día do Voluntariado para agradecer a colaboración e solidariedade dos veciños e veciñas do Porriño.

As tarefas concretas a desenvolver por parte das persoas voluntarias nesta ocasión serán a selección e a embalaxe dos alimentos recollidos na iniciativa #GivingTuesday tanto nos centros escolares coma nos locais municipais, para ser distribuídos entres as familias con menos recursos do concello.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.

Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.

O xoves 5 abrese o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nen@s

Mañán xoves día 5 a partir das 10 horas, abriráse o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos que promove o Concello de O Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM).
De feito as inscricions deberán realizarse a través do CIM, nas súas oficinas sitas no terceiro andar do Concello, en horario de 10 a 14 horas. As inscricións se atendenrán por estricto orde de chegada, segundo informa o CIM.
O Campamento de Nadal funcionará os días 23, 26 e 27 de decembro sempre que haxa un mínimo de 10 anotados.

O Concello de O Porriño inicia a campaña “Alimentos para todos con motivo da iniciativa #GivingTuesday

A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.
Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.

No caso de O Porriño, o acordo adoptado polo pleno infantil determinou que co apoio do Concello, os nenos/as realizarán unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias da vila con menores recursos.
A recollida de alimentos nos centros educativos levaráse a cabo o vindeiro xoves 5, ao longo da mañá.
A recollida de alimentos nos centros municipais será no Pavillón Municipal e no Centro Cultural Municipal posponse ata o mércores 11 de decembro.

Dende o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a participar,
Recomendamos que os productos sexan non perecedoiros coma aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,…e que se entreguen nalgun dos puntos de recollida.

Porriño celebrou o Día Mundial da Discapacidade funcional

Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.


Primeiramente os escolares, acompañados de profesores e titores, realizaron a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade que partiu e reamtou desde a praza do Concello despois dun percorrido polas rúas de Porriño. Ó remate tivo lugar a lectura dun manifesto a cargo de alumnas do centro “Aceesca”.
A continuación o deportista Simón Gónzalez Salgado que fora campeón mundial de kickboxing na modalidade de Full Contact en trece ocasións e que desde 2014 está en cadeira de rodas a causa dun accidente doméstico, dirixuse ós presentes pedindo que siga a toma de conciencia sobre discapacidade funcional e que a sociedade traballe en aras á plena integración

Tamén realizouse un concurso de paraaugas customizados por diferentes colexios do entorno, actividade enmarcada dentro da campaña #BaixooMesmoParaugas. Un xurado formado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e persoal de “Aceesca” elixiu os tres mellores resultado gañador o confeccionado polo Colexio Hermanos Quiroga.

E por último realizouse, por dúas veces, un “Flash Mob” entre todos os presentes.