O BM Porriño gaña en casa a ida da semifinal europea contra o HAZENA KYNZVART

 

Este domingo 23 de marzo o Pabellón Municipal do Porriño foi o escenario dun fito histórico. Por primeira vez o equipo Conservas Orbe Zendal BM Porriño disputou unha semifinal da EHF European Cup. Nesta primeira ocasión mediuse ao equipo checo HAZENA KYNZVART.

Este momento memorable contou cun pavillón cheo que non se quixo perder como o BM Porriño gañou a ida desta semifinal. O partido, reñido dende o comezo, prometía adrelina e paixón, e non deixou indiferente a nadie. O resultado de 31 para locais frente a 28 puntos para as visitantes deixa, bo sabor de boca para á volta na República Checa no que se espera un partido igual de duro e apaixonante.

Todo o equipo estivo enchufado dende o minuto un e cunha afección entregada dende antes de que comezara o partido que non deixou de animar e cantar en todo o encontro. O partido, de altísimo nivel, demostrou que no Porriño hay cantera para competir en Europa, e que non será a última vez que as nosas loiten en competicións europeas.

Con este resultado, á espera espera do que ocorra na volta na República Checa, as nosas están cada vez máis preto da ansiada final que as coroaría por primeira vez como raíñas de Europa. Isto só demostra que O Porriño é un lugar no que se aposta polo deporte. Ver o pavillón a rebordar ensínanos que o noso pobo vive con paixón as batallas deportivas das nosas e que as acompañaremos ata o final de cada unha delas.

Para sumar neste fito histórico, o Concello de O Porriño aprobará unha subvención extraordinaria de 10.000 euros para axudar a cubrir os gastos da competición. Esta achega sumarase á subvención nominativa que o club recibe anualmente, sendo o Concello o principal patrocinador da entidade.

O Porriño celebra a Carreira 0P 10K máis rápida de Galicia con máis de 1.000 participantes

 

O deporte tuvo una cita moi especial no Porriño este domingo 23 de marzo. A Carreira OP 10K volveu correr nas rúas do centro urbano dunha cidade que se espertou ben cedo para dar a benvida a todos os runners locais e de fóra que se achegaron ata O Porriño para disputar estes dez quilómetros que comenzaron no xa emblemático templete da urbe.

O pistoletazo de saída deuse ao redor das dez da mañá cando máis de mil participantes lanzáronse a percorrer as rúas do Porriño. Tanto atletas de élite como afeccionados preparáronse con todo para bater as súas marcas, na que foi unha das carreiras máis rápidas de Galicia. Ademais de poder correr os dez quilómetros, tamén se puido optar pola posibilidade de correr cinco.

Finalmente, a mellor marca en masculino obtívoa o eritreo Serbessa Workneh Fikire, cun tempo de 00:29:08, e en feminino Alice Finot, cun tempo de 00:34:41. Fikire bateu o récord masculino que o tiña Alejandro Fernández dende o ano 2015, cun tempo de 00:29:23.

Os gañadores recibiron 500 euros cada un, seguidos dos segundos premios, de 350 euros, e dos terceiros, de 200 euros. Ademáis, Fikire gañou 500 euros máis por alcanzar o récord. 

Nesta edición tamén foi notable a presenza de deportistas nacionais de altísimo nivel e calidade, como Uxía Pérez do RC Celta Atletismo que alcanzó o segundo posto por detrás de Finot ou a pontareana Sonia Abad do Taninos Runners. En categoría masculina destacou a participación de David de la Fuente do CD Pinarium, que asinou un segundo posto, Pablo Otero de Atletismo Narón, que cerrou o podium de este ano,  ou Carlos Porto da Ximnástica Pontevedra. 

Por todo isto, a OP 1OK 2025 firma así unha das edición de maior calidade da súa historia, según os organizadores de mesma.

Ademais pudieron correr os máis novos nas categorías de sub 10, sub 12 e sub 14. Tamén houbo espacio para os mais pequenos, na categoría chupetes e pitufos, que correron sen necesidade de inscrición. O inicio da carreira fíxose dende o Parque Infantil para despois seguir un percorrido polo centro de toda a cidade. Un ano máis, Porriño conseguiu unir ao mundo do running e xuntar a todos os afeccionados a este deporte nunha cita única e moi especial. 

O Porriño executará obras de mellora do alumeado no Campo de fútbol O Carballo de Atios

 

O campo de fútbol do Carballo en Atios contará nos vindeiros meses cun novo sistema de iluminación. O Concello do Porriño vén de tramitar un convenio de cooperación coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para sufragar os gastos desta actuación que conta un orzamento base de licitación de 46.126,53 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegará 36.901,22 euros e a administración local aportará os 9.225,31 euros restantes de fondos propios.

“O proxecto suporá a mellora da iluminación da zona de xogo deste campo de fútbol, na parroquia de Atios, dando así resposta a unha demanda do club UD Atios”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo. “Unha actuación, esta, que se suma a outras moitas que dende o concello promovemos para colaborar con todos os clubs, atendendo na medida do posible ás súas necesidades”, remarca o concelleiro de Deportes, Abel Estévez.

As obras teñen un prazo de execución de oito semanas.  Desmontaranse as luminarias existentes e colocaranse as novas, consistentes nun proxector de alto rendemento deseñado para aplicacións industriais e deportivas, con óptimo deseño para disipación de calor e redución de deslumbramento.

 

Sanidade e Concello abordan con OSÍLICE as necesidades das persoas afectadas pola silicose

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo esta mañá no Concello do Porriño un encontro cos representantes da Asociación Galega de Afectados por Silicose (OSILICE), para escoitar as demandas das persoas afectadas por esta enfermidade.

Acompañado polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, o xefe de neumoloxía, Alberto Fernández, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, ademais do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o máximo responsable da Sanidade galega apuntou que a Xunta de Galicia ten posto en marcha mecanismos específicos para a atención dos pacientes diagnosticados de silicose, especialmente, nas áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra-Salnés, e na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, nas que se atopa máis incidencia.

Entre outras medidas, e en colaboración coa asociación OSILICE, elaborou un procedemento de coordinación entre os servizos de atención primaria e o servizos de pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro e, ademais, tamén reforzou a prestación asistencial coa incorporación dun pneumólogo-interconsultor que acode mensualmente aos centros de atención primaria, daquelas localidades con máis persoas afectadas.

A asociación de afectados, representada na xuntanza polo seu presidente, Orlando Márquez, vicepresidente, Serafín Ramilo, e secretario, Saturnino Riveira, continúa traballando en defensa dos afectados pola silicose, co obxectivo de mellorar o diagnóstico, o tratamento e o seguimento dunha enfermidade que deriva da exposición e inhalación continúa de sílice e que afecta principalmente as dúas provincias do sur de Galicia.

A cafetería “Paso a nivel” doa 100 menús para a cena de Nadal

Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso a Nivel de Porriño impulsou, un ano máis, a súa entrañable iniciativa de repartir 100 menús solidarios para a cea de Noiteboa. Este xesto permitiu que numerosas familias do Porriño en situación de vulnerabilidade puideran gozar dunha tranquila velada navideña sen ter que preocuparse pola comida e só centrarse no máis importante: compartir o Nadal cos seus seres queridos.

O propietario da cafetería, José González, foi o artífice desta acción que desde hai varios anos vén levando a cabo coa colaboración do Concello do Porriño e o departamento de Servizos Sociais. Os menús, que incluían dous pratos, foron elaborados con coidado para garantir unha cea completa, saborosa e especial para cada fogar que o necesitase. Os menús foron entregados a través do SOS Porriño, que se encargou de distribuílos entre as familias máis desfavorecidas da localidade.

A tarde do 24 de decembro, os menús foron recollidos polas familias na propia cafetería, un acto sinxelo pero cheo de significado, que simboliza o espírito de unidade e apoio mutuo que caracteriza ao noso pobo.

En palabras de Abel Estévez, concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Porriño: “Esta iniciativa non só é un acto de xenerosidade, senón tamén unha mostra de que o que significa ser un pobo solidario. Nestes días tan especiais, nos que a unión e o benestar das familias son fundamentais, agradecemos profundamente a Jose González e a todos os que colaboran con este tipo de iniciativas. Grazas a eles, moitas familias poden disfrutar dun Nadal máis cálido, máis humano e máis próximo.”

No mesmo sentido se expresou o rexedor, Alejandro Lorenzo agradecendo “o enorme xesto de Jose e de todo o persoal do Paso a Nivel. Nestes días nos que a xenerosidade e as emocións están máis presentes que nunca, persoas como eles lémbrannos que a solidariedade é a verdadeira esencia do Nadal”.

Concello e AFAGA renovan o seu compromiso para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), Juan Carlos Rodríguez, asinaron un novo convenio de colaboración anual entre o Concello e AFAGA. Esta alianza reforza o compromiso de ambas as entidades para mellorar a atención ás persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias, a través do programa de prevención “Cultiva a mente” e de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.

O convenio, que prevé unha subvención de 21.000 euros destinada a financiar estes programas, ten como obxectivo primordial a prevención do deterioro cognitivo en persoas sen diagnóstico, así como proporcionar ferramentas terapéuticas a aquelas que xa padecen demencia, co fin de mellorar a súa calidade de vida e a dos seus familiares. A colaboración con AFAGA completa o servizo que se presta na súa Unidade de Atención Diurna Especializada non  Porriño, que atende a máis de 20 usuarios diagnosticados con alzhéimer ou outras enfermidades neurodexenerativas.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a relevancia deste acordo, subliñando que “a loita contra o alzhéimer require un compromiso firme e unha resposta integral. A través deste convenio, non só contribuímos á prevención, senón tamén na atención e no acompañamento ás persoas xa afectadas e ás súas familias. É crucial contar coa experiencia e o apoio de AFAGA para ofrecer unha atención de calidade que permita mellorar a calidade de vida daqueles que padecen esta enfermidade, pero tamén daqueles que están ao seu lado, como familiares e coidadores”.

Pola súa parte, Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, agradeceu ao Concello do Porriño a súa colaboración constante e reiterou que “este tipo de convenios son esenciais para seguir ofrecendo programas que realmente marquen a diferenza na vida dos afectados polo alzhéimer. A prevención, a estimulación cognitiva e a atención especializada son fundamentais para mitigar o impacto desta enfermidade, que afecta cada vez a máis persoas”.

Ambas as entidades valoraron tamén a importancia de seguir ampliando a oferta de recursos destinados ás persoas con demencia e ás súas familias no municipio. Neste sentido, falaron da posibilidade de impulsar novas iniciativas que complementen os programas existentes, sempre dende a perspectiva da prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables para un envellecemento activo.

Con esta sinatura, tanto o Concello do Porriño como AFAGA continúan fortalecendo a súa colaboración para facer fronte ao crecente reto social e sanitario que representa o alzhéimer, co obxectivo de ofrecer ás persoas afectadas o apoio necesario para levar unha vida digna e plena.

Raquel Atanes e Juan Fuentes darán as badaladas por adiantado ao ritmo de El Combo Dominicano

O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello -pioneiro neste evento- organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, cunha chea de actividades para todas as idades.

A festa arrancará xa pola mañá. Ás 11.00 horas dará comezo a Festa infantil na que os máis pequenos serán protagonistas e terán o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pascalles de personaxes infantís. Uxía Lambona e a banda molona, será a encargada de continuar a festa tras as badaladas que soarán ás 12 do mediodía.

Ao redor das 19.00 horas iniciarase a festa grande co pasacalles das tres rondallas locais, a rondallas de Pontellas, Santa Eulalia de Atios e Santa María, que desfilarán polas rúas da vila. A continuación, sobre as 22.00 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e a medianoite volverán soar as doce badaladas, da man da xornalista local, Raquel Atanes, e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG.

Haberá uvas, cotillón e chocolate gratuíto para todos os asistentes e unha sesión dj que promete pechar a noite ao grande.

“Desde o Concello convidamos á veciñanza e tamén a todas as persoas de fóra que así o desexen, a acudir ao Porriño a festexar xuntos de maneira anticipada o fin do ano 2024 e o recibimento do aninovo, unha cita convertida xa en tradición en Porriño”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo asegurando que se manterá sempre no calendario festivo e cultural do Concello.

O Concello de Porriño instalará unha nova pista multideporte no centro da vila, algo moi demandado pola mocidade.

A nova pista situarase nunha céntrica parcela ubicada na contorna da Avda. de Galicia Esta localización privilexiada ofrecerá un acceso cómodo para todos os usuarios, tanto da zona urbana como dos arredores, e converterase nun espazo de encontro e actividade deportiva. 

Unha parte da parcela xa está a ser utilizada como aparcamento público gratuíto, o que facilita o acceso á área. A instalación da pista multideporte non interferirá co uso do aparcamento, xa que se distribuirán os espazos de maneira eficiente para garantir tanto a actividade deportiva como a comodidade dos veciños que necesiten aparcar.

“Seguimos apostando pola creación de espazos públicos de calidade e polo lecer saudable, este será un lugar idóneo para a práctica de diversas actividades deportivas adaptándose ás demandas da veciñanza”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo. 

A previsión é que a pista multideporte esté en funcionamento nos próximos meses.

IV Concurso Infantil de Postais de Nadal do Concello do Porriño

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Porriño convoca, un ano máis, o IV Concurso Infantil de Postais de Nadal 2024.

Por cuarto ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística do Porriño organiza este concurso co obxectivo de que as/os máis pequenas/os feliciten as festas do Nadal a toda veciñanza.

Mediante a creación dunha postal decorativa e cunha mensaxe positiva creada en lingua galega, as nenas e nenos poderán demostrar a súa creatividade artística á vez de usan a lingua galega como medio para felicitar as festas. Deste xeito, como xa vén sendo habitual nestas datas, Concello do Porriño busca dinamizar o uso da lingua galega nun grupo de idade clave para o fomento dos hábitos lingüísticos.

Poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos a través de postais orixinais e inéditas escritas en lingua galega. Estas poderanse entregar do 6 ao 26 de decembro de 2024 na caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño, sita no exterior do Centro Cultural Municipal ou en man na propia Biblioteca.

Establécense 3 categorías de premios, con tres premios por cada categoría, consistentes en lotes de material escolar. A derradeira semana do ano colgarase a relación de persoas premiadas tanto nas redes sociais coma no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Municipal.

 A entrega de premios efectuarase o venres 3 de xaneiro ás 17 horas no salón de plenos municipal.

Podes consultar as bases en: https://ecultura.net

Tamén se pode consultar a información en: https://normalizacionlinguisticaoporrino.wordpress.com/2024/12/05/iv-concurso-infantil-de-postais-de-nadal-2024/

Contos que curan, o programa de biblioterapia infantil da Biblioteca do Porriño

Nun contexto social no que os problemas de saúde mental infantil están en aumento, a Biblioteca do Porriño posiciónase como un punto de apoio para as familias co seu proxecto de biblioterapia “Contos que curan”. Este innovador programa ten como obxectivo axudar a previr, identificar e xestionar diversos trastornos que afectan a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
 
A Organización Mundial da Saúde (OMS) enfatizou a importancia de actuar desde a infancia para facer frente a estes desafíos, instando a gobernos, institucións e á sociedade en xeral a colaborar na creación dun entorno máis saudable e comprensivo. A Biblioteca do Porriño únese a esta causa creando unha ferramenta que combina a maxia da lectura coa necesidade de apoio emocional da cativada.
 
“Contos que curan” componse dunha serie de boletíns temáticos que ofrecerán unha coidada selección de contos de ficción, clasificados e recomendados para axudar a pais, nais, educadores e profesionais da saúde no seu labor de mediación terapéutica. Cada boletín incluirá información bibliográfica completa dos contos seleccionados, con recensións críticas que destacan a súa relevancia na xestión de temas sensibles como oa xestión da morte e duelo dun ser querido, o bullying ou acoso escolar, a timidez e fobia social, o sono e o medo á escuridade, ou a desestigmatización e normalización da neurodiverxencia (autismo, dislexia, TDAH, síndrome de Down…).
 
O compromiso da Biblioteca de Porriño non pasa desapercibido. O seu proxecto foi seleccionado para participar nas III Xornadas Internacionais sobre compromiso social e biblioteca da Fundación Alonso Quijano, unha iniciativa que busca visibilizar iniciativas de inclusión social en bibliotecas.
 
“A lectura pode ser unha poderosa ferramenta de sanación e `Contos que curan´ será ese espazo no que as familias e os nenos e nenas atopen comprensión e empatía”, explicou o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “Gustaríame convidarvos a todos e todas a participar desta iniciativa coa que non solo queremos desestigmatizar e axudar á cativada, senón crear un futuro máis xusto e alentador para eles”.
 
Primeiro boletín: “Morte e duelo”
 
O primeiro boletín, titulado “Morte e duelo”, lanzarase este mes, coincidindo coa semana de Todos os Santos. Esta publicación non só estará dispoñible de maneira física, senón que tam
én se difundirá dixitalmente, chegando a todo aquel que poida beneficiarse deste recurso.
A morte representa a experiencia máis incomprensible para o ser humano e nesas datas estará moi presente nas vidas dos pequenos e pequenas. Aos nenos e nenas cústalles máis entendela. Moito máis, porque non están aínda preparados para comprender que é algo inevitable, irreversible e permanente.
Lerlles contos axeitados pode facilitar as cousas…Porque os contos non curan por si mesmos, pero poden axudarnos a axudarlles.
 
Por iso neste boletín propoñeranse unha selección de lecturas axeitadas. Historias que abordan a morte e o loito desde distintos putnos de vista para distintos grupos de idade.