Aprendizaxe da Linguaxe Canina co can ‘Choupa’

Nenos e nenas de 2º de primaria dos colexios do Porriño participan dende esta semana nun obradoiro de Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo xira ao redor do can ‘Choupa’ que, coa dirección dunha especialista amosa ás rapazas e rapaces menores de 14 anos cómo achegarse aos cans, recoñecer o intre no que é posible acariñalo, coma actuar diante del, que deben facer cando se atopan de fronte cun can ou que teñen que facer cando os tira ao chan.

As cativas e cativos aprenden a distinguir entre un can enfadado, asustado ou ledo, que facer antes de tocarlle ou cales son os sinais que deben atopar para lograr que estea tranquilo.

O obradoiro, que ten coma obxectivo evitar que o can os trabe, te unha duración de 45 minutos en el participan, a un tempo, un máximo de 20 alumnas e alumnos dos centros porriñeses de ensino infantil e de primaria.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Júan Canalejo de A Coruña, o 75% das trabadas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.

Corte de auga aos polígonos industriais do Porriño

O Consorcio de Augas do Louro corta o subministro de auga aos polígonos industriais do Porriño, este domingo, día 5 de febreiro, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde

Dende as 8 da mañá deste domingo, 5 de febreiro, por mor dunha aviría, é necesario cortar o subministro de para poder acometer a súa reparación. A mesma está na tubaxe de máis de medio metro de diámetro que leva auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Os Valos, ata o depósito de A Risca- non na que abastece á poboación- o que fai necesario cortar a auga de entrada ao depósito.

Coma medida preventiva, so se deterá o abastecemento aos polígonos industriais durante a execución dos traballos de reparación coa finalidade de contar cunha marxe de tempo dabondo para que a auga almacenada no depósito garanta o abastecemento aos veciños de O Porriño.

Por todo elo, o servizo ás casas non se verá afectado. Dacordo co previsto, o depósito volverá a funcionar normalmente ás 5 da tarde deste mesmo domingo.

Reparada a fuga detectada na Rede Xeral de Abastecemento de Auga do Porriño

A pasada madrugada, do martes ao mércores, operarios do Consorcio de Augas do Louro, procederon á reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento do núcleo urbano de O Porriño, á altura do calexón do tanatorio.

Os traballos, que se fixeron pola noite-entre as 23:30 e as 02:30 horas- para reducir ao máximo as molestias aos veciños, consistiron na substitución dun ‘manguito’ de unión entre dos treitos de tubaxe, de 315 milímetros de diámetro, que estaba a causar unha perda de auga. Ao mesmo tempo, colouse un pequeno ‘carrete’ de tubaxe para corrixir o ángulo da curva da mesma e facilitar a reparación.

Durante a operación foi preciso cortar o subministro de auga na Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Corte do subministro de auga no centro da vila.

Para acometer a reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento ao núcleo urbano do Porriño, o Consorcio de Augas do Louro realizará un corte do subministro entre as 11 e media da noite deste martes, día 24 de xaneiro, ata as 2 e media da mañá do mércores, día 25, tres horas en total.

Os traballos, que se fan de madrugada para causar os menores prexuízos aos veciños, afectarán a Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Os mesmos consistirán no cambio dun manguito deteriorado que facía de unión entre dos treitos dunha tubaxe de 315 milímetros de diámetro.