Chega ao Porriño a mostra “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”

O Porriño acolle desde hoxe a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela.

A mostra inaugurouse esta tarde cun faladoiro a cargo de María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana, Mª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC e María Xosé Porteiro, adxunta á xornalista e escritora.

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carolina González, participaron no acto inaugural da exposición que poderá visitarse no parque do Cristo ata o 15 de xuño

“Cando pensamos na emigración, esquecemos a aportación que fixeron as mulleres” remarcou a deputada de Igualdade.  Neste eido, Bastos subliñou o papel fundamental que desenvolveron, “tanto cando saían como cando quedaban aquí, en Galicia”, e puxo en valor a traxectoria das protagonistas da mostra:  “Todas elas marcaron fitos na política, no social, na defensa da lingua ou na educación e, sen embargo, permanecen invisibles nos relatos históricos”.

No mesmo sentido se expresou a concelleira, incidindo na importancia de “rescatar a experiencia e a mirada femenina da inmigración, e devolver ás mulleres o lugar e o protagonismo que lles corresponde nesta andaina que marcou a historia de Galicia e segue a marcala na actualidade”.

Este proxecto de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Cátedra Iberoamericana non se limita á mostra, ten como obxectivo investigar, recompliar e publicar, en formato dixital, as historias dun nutrido grupo de pontevedresas no eido da cultura, da arte, da empresa, da docencia e, en definitiva, en todos os ámbitos nos que se aplicaron, cunha dobre mirada: o éxito nas Américas e o éxito en Pontevedra daquelas que agardaron. E todo iso sen descoidar a historia de tantas mulleres que foron ignoradas a pesar da súa forte implicación nas migracións laborais e políticas que, de maneira especial, se sucederon no pasado século.

Defensa persoal para mulleres, O Porriño implícase contra a violencia machista

O Concello do Porriño segue traballando co obxectivo de sensibilizar á veciñanza en xeral da gravidade e dimensión do problema da violencia contra as mulleres e, á vez, avanzar na prevención destas condutas violentas. Neste eido, dende a concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, inclúen na súa folla rota tamén a necesidade de dotar ás mulleres das ferramentas necesarias para defenderse dun ataque adquirindo coñecementos de defensa persoal da man de persoal cualificado.

A proposta abrangue dúas iniciativas: unha dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria e unha segunda dirixida ás mulleres en xeral aberta a participación de todas aquelas que queiran formarse.

Hoxe desenvolveuse a primeira das sesións, no IES Pino Manso, na que participaron os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato. Comezaron cunha ponencia sobre a violencia machista da man de Juan Antonio Sagredo, fiscal en violencia de xénero do partido xudicial de Ponteareas con máis de 20 anos de experiencia. A continuación, da man de axentes da policía local e expertos en defensa persoal, comezou a sesión práctica na que as rapazas, acompañadas polos seus compañeiros de clase, aprenderon maniobras de defensa para solventar un posible ataque.

O día 2 a actividade desenvolverase no IES Ribeira do Louro.

As quendas abertas ao público serán os días 13, 20, 27 de abril e o 4 de maio, no pavillón municipal, e contarán coa intervención do maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. Serán de 10 a 13 h.

Están dirixidas a mulleres, co fin de desenvolver máis confianza nelas memas e no seu entorno, implementar estratexias de preveción e detección de situacións de perigo, integrando na súa vida diaria hábitos de seguridade persoal e promovendo a súa confianza e autoestima.

Para participar non é preciso inscripción previa.

O luns abre o prazo para inscribirse no Campamento de Semana Santa

FOLLA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO SEMANA SANTA 24

FOLLA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO SEMANA SANTA 24

Este recurso está dirixido a nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos (ambos incluídos) e ten un aforo limitado a 50 participantes. Desenvolverase en instalacións municipais os días 25, 26, 27 de marzo e o 1 de abril en horario de 8:30 a 14 h.

O prazo de isncrición abrirase o luns 18 de marzo ás 9 h e rematará o venres 22 de marzo á mesma hora. Pode realizarse a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello do Porriño.

A selección dos/as participantes realizarase previa baremación segundo a data e hora de presentación da solicitude. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Porriño.