As accións formativas retomaranse en setembro e a inscrición xa está aberta.
As accións formativas retomaranse en setembro e a inscrición xa está aberta.
Con este programa de emprego xuvenil 16 mozos/as formaranse mentres traballan nas especialidades de carpintería de madeira e albanelería
O Multicentros de Torneiros será o epicentro do programa
Aberto xa o prazo de inscrición, haberá cursos de mañá e cursos de tarde para facilitar o acceso de todas a persoas interesadas
As persoas participantes enfrontáronse a diferentes retos de maneira colaborativa no “Taller de NewSkills”.
A Fundación Ronsel, en colaboración co Concello do Porriño, organiza o curso “Camiño Emprendedor” entre os días 10 e 13 de xuño.
Participantes do programa recolleron hoxe os seus diplomas formativos da man do alcalde, Alejandro Lorenzo.
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración
O Concello do Porriño incorporou hoxe a 17 traballadoras/es que reforzarán equipos en diferentes servizos municipais.
O Departamento de Vías e Obras conta desde hoxe con cinco incorporacións: un oficial 1ª de carpintería, un oficial 1ª de soldadura, un oficial 1ª de albanelería e dous peóns de obra pública. Pola súa banda, o Departamento de parques, xardíns e limpeza conta con seis novos peóns forestais. E para departamentos e instalacións municipais contase con tres conserxes, unha publicista e un analista de xestión e organización ou estatística.
Todas estas contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, déronlle hoxe a benvida ao seu novo posto de traballo.
Ambos representantes municipais destacaron a oportunidade que estas incorporacións supoñen para activar o emprego e tamén para poder dar un mellor servizo á veciñanza. “O voso traballo é moi necesario e estamos encantados de que formedes parte do noso equipo”.
Comezar o día cun almorzo saudable, variado e equilibrado é clave para afrontalo con enerxía. Por iso, a adquisición de hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos é parte importante da súa educación.
Baixo esta premisa, o alumnado-traballador da especialidade de cociña de “Porremprego Cualifica II”, preparou e serviu hoxe un almorzo saudable para os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios de Torneiros. Esta actividade está enmarcada dentro da obra a realizar no obradoiro de emprego e nela tamén participarán usuarios e usuarios da unidade de día de AFAGA e o alumnado do CEIP da Ribeira.
Hoxe foi a primeira xornada nas instalacións habilitadas para cociña e hostalería no Multiusos de Torneiros e na mesma participaron máis de 20 nenos e nenas, acompañados polos seus profes, polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras Rosario Costas e Teresa Veloso. Disfrutaron dun nutritivo menú cargado de enerxía que incluía propostas doces e salgadas, xugos naturais e froita.
“Con sinerxias como estas que se crean entre os centros educativos e o obradoiro de emprego os pequenos e pequenas descubren a importancia de ter unha alimentación saudable e tamén coñecen o labor da especializade de cociña que se imparte neste obradoiro”, explicou o alcalde