Día Internacional do Pobo Xitano

Eva García de la Torre participa nos actos de celebración do ‘Día Internacional do Pobo Xitano’ e pon a O Porriño de exemplo de convivencia plena, dende hai décadas, entre paios e xitanos

A alcaldesa, acompañada polas concelleiras de Educación, Lourdes Moure, e Igualdade, Soledad Girón, participou este venres no CEIP da Ribeira, en Torneiros, na celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra en todo o mundo o 8 de abril.

Este día lembra o Primeiro Congreso Mundial Romaní-Xitano que tivo lugar en Londres el 8 de abril de 1971 e no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

A bandeira é verde e azul-simbolizando o ceo e o campo- cunha roda de carro, vermella, no centro, que representa o camiño dende a India cara a liberdade. O himno xitano, ‘Gelem, gelem’ (Andive, andive), foi composto polo autor Jarko Jovanovic en homenaxe ás xitanas e xitanos asasinados polo nazismo.

A finalidade desta data, como subliñou Eva García de la Torre, ten que ser facer que sexa verdade o fin dos prexuízos existentes cara a poboación xitana, coñecendo a súa realidade para chegar a unha convivencia plena.

A alcaldesa, que gozou dos actos organizados no CEIP da Ribeira, sumándose aos bailes e actividades programadas, puxo ao Porriño coma exemplo desa convivencia en harmonía entre paios e xitanos “unha convivencia que é algo natural dende hai décadas e da que podemos presumir, da que estamos satisfeitos e da que debemos estar moi orgullosos”.

Eva García de la Torre sinalou coma unha clara realidade deste feito o CEIP da Ribeira onde “a tradición e os costumes xitanos se incorporan á formación de todas as alumnas e alumnos do centro”, como se pode ver na participación neste acto e na exposición aberta sobre a historia e o patrimonio cultural do pobo xitano.

 
 
 

X Carreira da Igualdade

280 alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do IES Pino Manso disputaron este venres pasado a ‘X Carreira da Igualdade’ sobre un circuito urbano de 2,2 quilómetros

280 integrantes do IES Pino Manso disputaron este venres a X edición da ‘Carreira da Igualdade’ organizada pola Departamento de Educación Física do centro, cunha importantísima vinculación nesta ocasión da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e a colaboración das concellerías de Educación e Seguridade, dirixidas por Lourdes Moure, Deportes, a cargo de Manuel Carrera, e Igualdade, á fronte da cal está Soledad Girón e que nesta edición ven de aportar as camisetas que levaban postas todas e todos os participantes.

Un ano máis preto de 300 alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do Pino Manso percorreron un circuíto urbano polas inmediacións do centro sobre unha distancia de 2,2 quilómetros coa finalidade de facer visible e lembrar que están a prol da igualdade e que rexeitan calquera tipo de discriminación por razón de sexo.

Coma indicou a concelleira de Educación, o feito de que toda a sociedade estea representada nesta proba, profesoras e profesores, alumnas e alumnos, nais e pais, responsábeis dos organismos institucionais, coma o Concello, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, “amosa que a sociedade xa decidiu a que a igualdade sexa o seu xeito de vida e que as oportunidades teñan que ver so coa capacidade e non con ningunha outra condición”.

 
 

Especialistas debatirán sobre as asociacións de nais e pais (ANPAS)

Este martes, día 4, especialistas no eido educativo debatirán no Porriño sobre as asiciacións de nais e pais (ANPAS) e as competencias e convivencia na Educación

Este martes, día 4 de abril, ás 7 da tarde no Salón de Plenos do Concello do Porriño, a Concellería de Educación organiza unha xornada na que se debaterá sobre a comunidade educativa, con especial atención ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e as federacións das mesmas; tamén se reflexionará sobre as Competencias e a Convivencia no eido da Educación e se abrirá unha quenda de intervencións entre os asistentes.

Esta xornada, presentada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, e a voceira municipal do Grupo de Non Adscritos, María Sabela Landín, está dirixida a nais, país, Mestres, educadores e persoas vencelladas á Educación Pública e á Integración.

Na mesma intervirán Bertila Fernández Pérez, voceira da Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (FOANPAS), e Antonio Vázquez Vázquez, vicepresidente do Consello Escolar Municipal de Vigo.

Obradoiro ‘Xestiona o teu negocio dende o móbil’

Este luns, día 27 de marzo no Punto SmartPeme do Porriño, o obradoiro ‘Xestiona o teu negocio dende o móbil’

Este luns, día 27-as 7 da tarde- no Punto SmartPeme de O Porriño-no Edificio Multiusos de Torneiros- o obradoiro ‘Xestiona o teu negocio dende o móbil’, impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio.

No mesmo se falará de os diferentes dispositivos; Sistemas IOS, Android; as app’s; conectividad Wi-fi y “x”G e App´s de Movilidad: Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com), almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive),Google Maps, Google Earth, Google Calender, Google Traductor, Banca Electrónica, Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts), Geolocalización, Video vixilancia, cámaras IP, Invoice2Go (facturas dende a nube), imprimir dende o móvil, Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) e App’s de pago e gratuitas.

Para asistir ao taller, poden utilizarse as seguintes canles: chamar por teléfono ao 886 20 20 20; enviar un correo ao enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es ou entrar na web www.smartpeme.depo.es.

A xadrecista Karen Zapata, en Torneiros

A xadrecista Karen Zapata impartirá a súa segunda charla-coloquio de Xadrez en Galicia, este sábado,ás 6 de la tarde na Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros. Ademais, a campiona retará ao público a unha partida que se disputará nunha plataforma dixital proxectada nunha pantalla xigante e retransmitirase en directo por Internet.

A entrada é de balde ata completar o aforo de 60 persoas.

Trátase dunha nova iniciativa da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, incluída no proxecto “Xadrez nas Escolas do Porriño”.

Establecemento dunha Aula da Universidade N. de Educación a Distancia

O Concello da man dos empresarios, da os primeiros pasos para o establecemento dunha Aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) no Porriño

A alcaldesa, acompañada da concelleira de Educación Lourdes Moure, a voceira do grupo municipal Non Adscritos do Concello, Sabela Landín, e o presidente dos empresarios do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, mantivo unha xuntanza coa directora da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra, a doutora Beatriz Rodríguez, de cara a establecer un Aula Universitaria da UNED no Porriño.

Neste primeiro contacto, Eva García de la Torre agradeceu a implicación dos empresarios neste proxecto no cal “son unha parte esencial” en tanto que, engadiu, “debemos de mirar cara ao noso tecido produtivo e a que as porriñesas e porriñeses teñan a mellor formación, a máis axeitada para garantir o seu desenrolo laboral”.

A alcaldesa subliñou, así mesmo, a importancia do traballo feito por Lourdes Moure e por Sabela Landín que, sinalou, impulsaron esta iniciativa e traballan conxuntamente para que o establecemento dunha aula da UNED no Porriño sexa, axiña, unha realidade.

Pola súa banda, Beatriz Rodríguez indicou que é “un orgullo” que unha vila coma O Porriño se preocupe pola formación dos seus cidadáns e, amosouse especialmente satisfeita porque esta aposta pola formación, sexa promovida, conxuntamente, polo Concello e polos empresarios que “teñen un papel moi relevante nunha zona que ten unha grande importancia e forza industrial”.

A concelleira Sabela Landín sinalou que a formación é unha necesidade que hai que cubrir no Porriño e que é imprescindible facelo da man da universidade e das empresas para “facilitar que as veciñas e veciños poidan traballar aquí e non facelo fora”.

Eva García de la Torre reiterou que o Concello fará todo o necesario para o establecemento dunha aula da UNED na vila e lembrou que “será a mellor inversión que se faga no Porriño” posto que suporá que camiñen da man a “universidade pública máis importante de Europa”, con máis de 235.000 alumnos matriculados, e as empresas.

A alcaldesa concluíu salientando a necesidade de que “O Porriño mire aos seus polígonos industriais, que non viva e costas a eles, e que sexamos quen de conquerir unha poboación formada e especializada que teña aquí o seu futuro”.

A alcaldesa mantén unha xuntanza coa Asociación Lena

A alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais manterán, o xoves, unha xuntanza coa Asociación Lena para tratar, coma xa se fixo en catro ocasións anteriores, a creación dun refuxio de animais no Porriño

O vindeiro xoves, día 16, a alcaldesa, xunto cos responsábeis dos grupos municipais, manterá unha xuntanza cos representantes da Asociación Protectora de Animais Lena para tratar, de novo, sobre a creación dun refuxio de animais no Porriño.

O Goberno local mantivo, con antelación, distintas reunións cos responsábeis de Lena, nas que estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo ou a alcaldesa, para tentar de atopar unha solución conxunta á necesidade de que exista un refuxio na vila. Ese foi o tema tratado nas catro xuntanzas anteriores celebradas o 27 de agosto e 19 de novembro de 2015, o 3 de marzo de 2016-hai apenas un ano-, e o pasado 24 de novembro, hai menos de catro meses.

Netas ocasións, o Goberno local informou á asociación sobre as xestións feitas ara atopar un lugar acaído no que sexa posible situar o refuxio, os reparos postos pola Xunta de Galicia ás propostas feitas polo Concello, as dificultades que plantexan os lugares hachados polo feito de non ter conexión á rede de saneamento e o plantexamento do propio Goberno local de facer, no caso de que fose necesario, unha poza séptica-e a valeirala cando sexa preciso-. Nesa mesmas reunións o Goberno local mesmo solicitou a Lena a súa colaboración nestas xestións e, en todas elas, as dúas partes acordaron traballar xuntas.

Dende que se fixera cargo da responsabilidade de Goberno, o equipo dirixido por Eva García de la Torre mantivo unha colaboración constante coa Asociación Protectora Lena, un traballo en común que deu coma froitos, ademáis da percura dun lugar para o refuxio, dúas campañas para promover á adopción, a impulsada nas pasadas Festas do Cristo de 2016 que tivo a súa continuación no Nadal pasado, hai apenas tres meses, na que se puxo a atención no feito de que os animais non son xoguetes para regalar en Reis.

A coperación con Lena seguiu o mes pasado: a Concellería de Educacion impulsou un obradoiro sobre a Linguaxe Canina destinado a alumnas e alumnos de 2º de Primaria dos colexios do Porriño. No mesmo, os cativos aprenderon como achegarse a un can, a distinguir entre un can ou cadela asustada, leda ou enfadada, o que tiñan que facer antes de acariñala e que sinais deben buscar para tranquilizala, ou tranquilizalo.

Actividades do Punto SmatPeme do Porriño durante o mes de marzo

O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de marzo distintas sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar no Multicentro de Torneiros.

As mesmas empezaron o xoves, día 2, ás 7 da tarde con “A túa páxina web con WordPress”; o martes, día 7, á mesma hora, “Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing”; o mércores, día 15, taén ás 7 da tarde, “Rendibiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook”; o xoves, día 23, “A túa información sempre á man: Almacenamento na nube”, e o luns 27 de marzo de 2017 ás 19:00h.”Xestiona o teu negocio dende o móbil”

Para asistir ós eventos, poden utilizarse as seguintes canles: chamar por teléfono ao 886 20 20 20; enviar un correo ao enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es ou entrar na web www.smartpeme.depo.es.

Aprendizaxe da Linguaxe Canina co can ‘Choupa’

Nenos e nenas de 2º de primaria dos colexios do Porriño participan dende esta semana nun obradoiro de Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo xira ao redor do can ‘Choupa’ que, coa dirección dunha especialista amosa ás rapazas e rapaces menores de 14 anos cómo achegarse aos cans, recoñecer o intre no que é posible acariñalo, coma actuar diante del, que deben facer cando se atopan de fronte cun can ou que teñen que facer cando os tira ao chan.

As cativas e cativos aprenden a distinguir entre un can enfadado, asustado ou ledo, que facer antes de tocarlle ou cales son os sinais que deben atopar para lograr que estea tranquilo.

O obradoiro, que ten coma obxectivo evitar que o can os trabe, te unha duración de 45 minutos en el participan, a un tempo, un máximo de 20 alumnas e alumnos dos centros porriñeses de ensino infantil e de primaria.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Júan Canalejo de A Coruña, o 75% das trabadas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.