A alcaldesa lembroulle este venres ao representante da Consellería de Educación da Xunta de Galicia a necesidade de que o goberno galego se faga cargo do arranxo das fendas dos centros de ensino públicos do Porriño e subliñou que trátase dunha competencia, exclusiva, da administración autonómica.
Durante o acto de inauguración da novo salón de actos do CEIP da Ribeira a alcaldesa, logo de agradecer á Xunta a súa contribución á construción do mesmo-en colaboración da Concellería de Educación, quen encargouse do escenario- e que aprobase facerse cargo do comedor, que ata hoxe mantén o Concello, pediulle ao César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Pontevedra, que o Goberno de Galicia prestase moita máis atención aos centros do Porriño que teñen “problemas moi serios”.
CEIP Pliriligüe de Atios
Eva García de la Torre, quen este xoves xa mantivera unha xuntanza coa dirección e a Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer e atender as súas reclamacións sobre o estado do colexio, denunciou, de novo, que no mesmo hai “danos estruturais nas fachadas que causan filtracións de auga provocando curtocircuítos no sistema eléctrico”, e marcou que “hai so uns días a uns alumnos caeulles moi preto parte do mosaico da parede sen causarlles, por sorte, dano algún”. Esta situación, engadiu, “amosa a prema que hai para realizar unhas reparacións que son xa inaprazábeis”.
Gardería A Galiña Azul de Torneiros
A alcaldesa cualificou de “inaceptábel e intolerable” o estado no que se atopa, moi preto do CEIP da Ribeira, a Gardería da Galiña Azul da parroquia de Torneiros que ten “gravísimas deficiencias” que é “moi urxente” arranxar para “garantir a seguridade das cativas e cativos”.
Para a alcaldesa esta moi ben que os responsábeis da Xunta veñan a O Porriño “congratularse e facerse a foto” cando, como este venres, se inaugura un salón de actos, pero o que non deben de esquecer é que “teñen a obriga de poñer en condicións os nosos colexios para que as nenas e nenos do Porriño, veciños dun dos concellos que máis medran en Galicia, teñan una educación axeitada”.
Sen prazas de gardería no concello que máis medra de Galicia
Eva García de la Torre criticou o feito de que dende o Goberno da Galicia se repita que aposta pola educación pública e de calidade e “no Porriño resulta que carecemos de prazas, péchanse aulas e as garderías que precisamos vanse a Mos, a onde teñen que desprazarse os pequenos da nosa vila”.
Neste eido, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, resaltou que, “como se pode comprobar, porque os datos son públicos, á gardería do Polígono da Veigadaña, acoden nenas e nenos do Porriño porque aquí non hai prazas”,algo que non se pode entender fora do interese político, considerando que O Porriño é, dende o ano 2015, o concello galego que máis aumenta en poboación.

No primeiro deles as rapazas e rapaces asistiron, da man de Keka Losada, presidenta da Asociación Arela, organizadora do festival, a varias proxeccións no ‘Baixo de Bugarín’. Os estudantes tiveron a oportunidade de ver, es estrea, de parte do ‘making of’ da pasada edición de Cans, a de 2017, ademais de unha das curtas e coñecer, de primeira man, todo o que hai ao redor da montaxe e posta en marcha do festival e das persoas que o fan posible, empezando polas propias veciñas e veciños da parroquia de Cans, pasando polos integrantes da organización, os técnicos, actores, directores, realizadores ou invitados.
Doutra banda, os participantes no Roteiro, estiveron nos lugares mais salientables e coñecidos do festival, empezando polo ‘Torreiro de Cans’ onde están as estrelas dos realizadores e actores que pasaron polo certame- dende a primeira, a do lucense Luís Tosar, ata as deste 2018, que serán as do director, gañador dun Oscar, Fernando Trueba, e da directora Gracia Querejeta-, o Parque do Río ou os baixos de Carlos, Moncho ou Bugarín, a Leira de Alicia-onde se fan os coloquios cos invitados- o Cuberto de Mucha do Peso ou o Jalpón de Alicia, ademais de facer un repaso dos quince anos de historia do Festival polo que cada ano pasan milleiros de persoas.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, tivo a oportunidade de presidir un pleno moi animado, no que a concelleira de Educación, Lourdes Moure, actuou como secretaria, durante o cal cada un das voceiras e voceiros dos centros expuxo o resultado do traballo feito nos “obradoiros de participación”, convocados durante as últimas semanas nas súas aulas.
No orde do día da xuntanza deste xoves coa alcaldesa, estaba, entre outros asuntos, a presentación dun borrador de regulamento do futuro Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, así como respostas e explicacións as preguntas feitas no anterior pleno infantil.