Rematadas as obras de reposición do falso teito no CEIP Fernández López

Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fazenda visitou e comprobou o resultado das obras de reposición do falso teito nas aulas de Infantil e arranxo dos baños no CEIP Fernández López que acometera o Concello de Porriño. A execución desta obra era unha demanda da comunidade educativa de este colexio que non fora atendida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
“Despois de terse reiterado a petición sen acadar resposta afirmativa da administración autonómica, finalmente o Concello de Porriño decidiu asumir a súa execución con cargo ó orzamento do plan de obras que están a realizarse ata o final do presente mandato”, sinalou Lourdes Moure.
De feito a ANPA A Oliveira dese centro de ensino agradeceu no seu Facebook a colaboración prestada polo Concello de Porriño.

Chegan a Porriño os cursos “Coas mans na masa”

Lourdes Moure, concelleira de Educación inaugurou esta tarde o curso formativo que se impartirá ata o mércores na Escola-Obradoiro de Torneiros dentro do ciclo “Coas mans na masa”.
A concelleira deu a benvida ós cursillistas e monitores do curso de elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis.
Lourdes Moure lembrou que “no pasado mes de fevreiro tivemos a honra de ser anfitrions no Concello de Porriño, na nosa casa consistoria, da presentación destes itinerarios formativos que contribuen a que a veciñanza valore a importancia da formación como modo de valorización da contorna”.

En concreto este obradoiro para elaboración artesanal de conservas que acolle a Escola-Obradoiro de Torneiros, vai formar 15 personas na transformación de alimentos de tempada en conservas naturais, obtendo productos de gran calidade. xa sexa para o autoconsumo ou para a súa comercialización.contorna.

A embaixada municipal porriñesa selou o acordo de irmandamento coa vila croata de Vrgorac para intercambio de estudantes

A representación municipal do Concello de O Porriño, formada polos concelleiros do equipo de goberno Lourdes Moure e Orlando Marquez co apoio inestimable do profesor Amador Ordoñez, foi recibida no edificio consistorial de Vrgorac onde selaron o acordo de irmandamento con esa vila croata da rexión de Split-Dalmacia.

Nas fotografías remitidas mirase a reunión celebrada no concello desa localidade e o posterior encontro celebrado no instituto local para o intercambio de escolares. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de estudantes que está a realizarse. De feito, 16 mozos franceses chegarán a Porriño o vindeiro 14 de abril e ata o día 20, en devolución da visita feita por outros tantos alumnos porriñeses do IES Ribeira do Louro o ano pasado.

Estas iniciativas de irmandamento de Porriño coas outras vilas producense baixo a declaración de “Cidade Amiga da Infancia” que este concello recibiu de UNICEF no pasado mes de novembro. Vrgorac é unha vila de orixe medieval que tén algo máis de 6.500 habitantes. Petar, un mozo de Vrgorac fue fora alumno de “Erasmus” del profesor Amador Ordóñez no IES “Ribeira do Louro” foi quén de plantexar a posibilidade do intercambio con Porriño que deu lugar a este irmandamento que se materializa con esta viaxe.

Escolares do CEIP Antonio Palacios visitaron o Concello

Alumnas e alumnos de 6 e 7 anos de 1º de Primaria do CEIP Antonio Palacios visitaron esta mañan a sede do Concello de Porriño así como as instalacions da Policía Local. Os nenos recibiron no salón de plenos unha explicación de cómo funciona un concello e logo percorreron as diferentes oficinas e andares da casa consistorial.


No despacho da Alcaldía, Eva García deulles unha explicación axeitada a súa idade sobre as obrigas dunha alcaldesa. Mostroulles o bastón de mando que lles chamou moitísimo a atención e logo tamén disfrutaron da balconada principal do edificio e das vistas cara á praza do Concello.


Na sede da Policía Local, preguntaron sobre as máis diversas cuestions do traballo dos axentes e mostraron un especial interese polos calabozos.
O remate da visita a alcaldesa e o seus colaboradores agasallaron a cada un dos 50 escolares con cadernos, lapiceiros e doces.

O Concello de Porriño vai establecer un novo irmandamento coa cidade croata de Vrgorac para intercambios de escolares

Lourdes Moure y Orlando Marquez, concelleiros do equipo de goberno municipal emprenderán mañan mércores unha viaxe ata a vila croata de Vrgorac para establecer un irmandamento co Concello de Porriño. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de escolares que está a realizarse. De feito, representantes da mancomunidade municipal Fronsadais tamén acudirán á vila croata para participar e amplar lazos.

Estas iniciativas de irmandamento de Porriño coas outras vilas producense baixo a declaración de “Cidade Amiga da Infancia” que recibiu de UNICEF no pasado mes de novembro.



Vrgorac é unha vila de orixe medieval que pertence ó distrito de Split-Dalmacia e que tén algo máis de 6.500 habitantes. Os concelleiros porriñeses establecerán con Ante Pranic, alcalde da cidade croata os termos do irmandamento.

No que atinxe á relación entre Porriño e a vila francesa, en breve haberá novas. De feito ó longo deste mes de abril, 16 rapaces de 12 a 17 anos acompañados de tres profesores de centros de ensino de Fronçac visitarán Porriño. Viaxarán en Semana Santa. Estarán en Porriño entre o 14 e 20 de abril e como fixeran os mozos porriñeses cando viaxaron a terras galas, agora os nenos franceses aloxaranse en casas de particulares que recibirán unha axuda municipal.

O Concello de Porriño está a programar unha serie de actividades divulgativas e lúdicas para recibir á expedición francesa. Entre outras unha visita a dúas empresas representativas de Porriño e que fagan un pequeño tramo do Camiño Portugués entre Porriño e Tui e logo viaxen e coñezan Santiago de Compostela. Entre as actividades deportivas e de ocio, os mozos franceses recibirán unha clase do alpinista José Antonio Martínez Novas no Polideportivo Municipal.

A Oficina SmartPeme de O Porriño recomenda Instagram ós autónomos e microempresas para promocionar os seus productos

Ao longo deste mes de abril a Oficina SmartPeme de O Porriño ofrecerá as súas charlas divulgativas para autónomos, pequenos emprendedores e microempresas coa finalidade de asesorarlles sobre o melleor uso das novas tecnoloxías nos seus negocios.
“Utiliza Instagram para promocionar e vender os teus productos” é o título da charla deste serán. Impartiráse a partir das 19 horas cunha duración de 120 minutos no Multiusos Municipal de Torneiros.
Para os interesados podense consultar temas e datas das vindeiras seis charlas máis que haberá no documento pdf que adxuntamos ó pé desta nova.
SmartPeme é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que inclue Porriño entre a media duzia de oficinas que desenrolan este programa de información dirixido a empresas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volumen de negocio anual inferior a 2 millons de euros. Na provincia de Pontevedra estimase que hai 64.000 pequenas empresas que supoñen o 92% do tecido empresarial provincial.

Talleres SmartPeme abril 2019 – O Porriño

250 escolares de Porriño participaron este ano no curso de Seguridade Vial impartido pola Policía Local

250 escolares de colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos centros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.
A actividade dividiuse en dúas partes. A teórica fora impartida en outubro a través de coloquios cos axentes para que os nenos coñeceran a educación vial. Os alumnos expoñían as súas dúbidas sobre situacions de seguridade e debatían cos axentes para clarexar as súas inquedanzas.
Despois na parte práctica, celebrada ó longo de marzo, os alumnos desenrolaron nun circuito preparado e con vehículos diversos axeitados ás súas idades, simulacions de tráfico para aplicar o aprendido nas clases teóricas.

A OMIX comeza “KidCode 2019”, obradoiros e visitas guiadas tecnolóxicas para espertar futuras vocacions profesionais entre os escolares porriñeses

Un total de 220 alumnos e alumnas dos centros docentes de Porriño van participar no programa “KidCode 2019” de obradoiros e visitas guiadas tecnolóxicas . A iniciativa parte do Concello de Porriño, a través da OMIX e pretende “axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades nese eido mediante ferramentas coma a programación, robótica, deseño, impresión 3D ou electrónica.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia que levará a cabo este programa “KidCode2019” durante o mes de abril. De feito a partir de hoxe luns 1 de abril e de mañaán, martes 2, alumnos de Secundaria realizarán as primeiras visitas ás instalacions que a empresa colaboradora “KidCode” dispon en Vigo, para participar en obradoiros de diversas tecnologías durante tres horas.

No que atinxe ó alumnado dos colexios de Primaria, os obradoiros impartiranse nos propios centros docentes e dacordo o nivel dos rapaces. As materias serán tamén robótica, inteligencia artificial, deseño e impresión 3D, entre outras. As sesions de “KidCode 2019” nos colexios comezarán a partir do 12 de abril.

O Concello de Porriño lembra a convocatoria do II Premio “Roberto Vidal Bolaño”

O Concello de Porriño lembra que ata hoxe luns 1 de abril podense presentar textos teatrais inéditos, escritos en galego, para aspirar á segunda edición do Premio “Roberto Vidal Bolaño” dotado cun premio económico de 2.000 €. As obras son de temática libre se ben hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.
O Concello súmase a organización do certame que convocan o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinará co gañador ou gañadora do certame, o correspondente contrato para a edición da obra que sexa galardoada.
A resolución do Premio darase a coñecer no mes de xuño e a entrega farase na última semana dese mes.

Presentación do libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia”

O xoves 28 presentase o libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia” que recopila bocetos, debuxos, apuntes e pinturas dos que unha parte se exhibe na exposición que alberga o Centro Cultural Municipal dende febreiro. Precisamente a presentación do libro farase no mesmo Centro Cultural ás 20,30 horas.
Moitos porriñeses e visitantes tiveron a oportunidade con esta exposición de descubrir que, ademáis dun acreditado arquitecto, o noso paisano Antonio Palacios agochaba outras aficions artísticas descoñecidas.
Grazas á iniciativa do Concello de Porriño coa antedita exposición e a edición do libro que vai presentarse, a veciñanza tivo a oportunidade de coñecer esas outras habilidades de Antonio Palacios.


De feito a mostra “Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios” supon un legado inédito e importante que confirma a faceta de pintor de Palacios non só de elementos arquitectónicos, propios da súa profesión, senon de figuras humanas e animais así como de escenas costumbristas.
Dentro da reivindicación da figura de Palacios tamén hai que lembrar a recente presentación da obra “Arquitectura rexionalista galega. Antonio Palacios, Gómez Román e outros”, producto de José Ramón Iglesias quen fixo un resumo en 300 páxinas da súa propia tése para editar como libro. Iglesias destaca “a importancia extraordinaria” do material recuperado polo Concello de Porriño, unha duzia de libretas, perante unha xestión coa familia de Palacios e “a súa aposta para que sexa difundido entre todala veciñanza”.