Eva García,alcaldesa de O Porriño xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure e o Xefe Territorial da Conselleria de Educación, César Pérez Ares inauguraron hoxe a reforma da Biblioteca do CEIP Antonio Palacios.
O espazo replanteouse co novo mobiliário é unha “Zoa Maker” dotada con material informático e audiovisual, para atender as demandas dos 405 alumnos que actualmente están matriculados neste centro.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
Na mesma reunión do gabinete municipal coaligado PSOE-BNG presidida por Eva García de la Torre coa participación dos concelleiros Pedro Pereira, Lourdes Moure, Sergio Casal y Cami Moreira (David Alonso tivo que ausentarse) aprobaronse sendos expendentes para licitacións. Son para contratar o servizo de limpeza dos centros educativos do concello e por outra banda para contratar o servizo de telefonía fixa e móbil así como de internet para o Consistorio.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou remitir á Deputación o Plan de Mobilidade. Asimesmo acordouse enviar á institución provincial, para a súa inclusión no Plan Concellos, media duzia de pavimentacións de camiños municipais en Torneiros, Cavadas-Atios, Covelo-Atios, Centeans-Pontellas e A Vaquería-Budiño, así como as obras de humanización da rúa Aloques.
Na sesión ordinaria de xaneiro que se celebrou este mércores, o pleno acordou por unanimidade a cesión dunha parcela a asociación ACEESCA para a construcción dun centro de formación dual.
O terreno de 8.000 metros cadrados que serán adecuados polo Concello para que ACEESCA acometa a execución do proxecto.
A cesión é por 30 anos.
O tenente alcalde, Pedro Pereira explicou que a parcela cumpre cos requisitos que a entidade precisaba.
Este xoves día 23 arrincará na Biblioteca Municipal unha novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.
Na primeira quenda tratase o tema do desenvolvemento visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas tendo en conta que 1 de cada 4 rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con problemas visuais.
Lucila Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio centro en Andorra.
Esta nova proposta da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos polos que ten destacado nos últimos anos de xeito sobranceiro.
Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso público a información sobre saúde e benestar.
Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
Ambas formacións políticas levarán ó pleno a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.
Lembramos que ademáis está convocada a Comisión Municipal de Cultura que inclue a renovación por catro anos do convenio coa Sociedade de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos pois o anterior databa de 2008. Na mesma trataráse a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para a regulación do uso da pirotecnia no concello.
No que atinxe ás restantes Comisións Municipais, cancelouse a de Contas por innecesaria xa que a desestimación de alegacións á Conta Xeral de 2019 realizarase directamente polo pleno da Corporacion.
Haberá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.
Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e do fallo do Tribunal de Contratos Públicos de Galicia. A mesa de contratación reunida a pasada semana decidiu excluir á firma “Ascan” e trasladar ó pleno da Corporación Local que resolva a readxudicación do contrato de limpeza ciaria en favor da segunda empresa mellor puntuada que foi “Urbaser”. O asunto xa foi tratado previamente na xunta de voceiros municipais celebrada o pasado xoves 16.
Nesta comisión tamén se debatirá unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa “Sociser Galicia” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Na sesión, de caracter ordinario, tamén aprobaronse por unanimidade varias altas no inventario municipal de camiños en Budiño ou en Pontellas así como a prórroga de concesión de supermercado na Praza de Abastos que ven ocupandose desde 2011.
Tamén aprobaronse por maioría, agás as abstencións dos 2 concelleiros de EU Son, para arrendamento de parcelas municipais para explotacións mineiras en Atios así como nos montes Carrascal, Laxedo, Cerola e Faro, entre outros.
No debate destes asuntos, o voceiro de EU Son cuestionou ó goberno municipal sobre o estado de cobro dos canons por parte das empresas mineiras. Pedro Pereira, concelleiro de Urbanismo respostou que en breve o Concello artellará procedementos xurídicos para a reclamación de débedas ós adxudicatarios que non estean ó día nos seus pagos.
A unanimidade rachouse en algúns outros asuntos como a moción presentada por EU Son para demandar da corporación municipal un acordo en contra do proxecto de universidade privada que promove ABanca. A moción foi derrotada polos 8 votos en contra do PP e 5 abstencións (PSOE e Manuel Carrera).
O Goberno Municipal do Porriño instou á Xunta de Galicia a resolver as deficiencias que apareceron nos centros educativos de Torneiros, tanto na Escola Infantil Galiña Azul como no CEIP Antonio Palacios. A través de dúas cartas o Concello porriñés reclama a sendas instancias da administración autonómica que poña os medios necesarios para arranxar os problemas detectados.
No caso da gardería, o pavimento do comedor que é de tarima flotante está levantado, desgastado e constitue un risco para os nenos e nenas como expón un informe do arquitecto municipal acompañado con fotografías. O informe ilustra a misiva dirixida pola alcaldesa Eva García ao presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez na que lle insta para que ese departamento asuma o seu arranxo.
No caso do CEIP Antonio Palacios, é a concelleira de Educación Lourdes Moure a que prantexa por carta ó xefe territorial de Educación, Julio César Pérez Ares a necesidade de acometer as obras necesarias de arranxo do patio de xogos do centro que está moi deteriorado. A carta adxunta outro informe do arquitecto municipal, José Luis Basanta que propón a renovación total do pavimento do patio do colexio, cunha superficie aproximada de 625 metros cadrados, instalando outro máis axeitado para soportar as inclemencias meteorolóxicas.
Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa “Tecendo lazos”. En concreto do curso de “Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados” realizado no Centro Cívico do Porriño.
Neste obradoiro realizaronse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoveu o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación,
Tratouse dun obradoiro interxeneracional no que participaron persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.) .
O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos acudiron en representación do Goberno Municipal ó Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de O Porriño. Celebrouse onte no Círculo Recreativo Cultural coas actuacións de sete agrupacións que rematou coa Banda de Música.
Mañá martes comezarán a traballar os voluntari@s inscritos para seleccionar e embalar os alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña #GivingTuesday (Martes para Dar), na que o Concello do Porriño implicouse conforme o acordo que acadou o pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro.
Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da Oficina Municipal da Xuventude (OMIX) “contamos xa cun importante número de persoas voluntarias inscritas para o programa municipal de voluntariado que promove a Concellería que dirixe Lourdes Moure”.
A primeira tarefa dos voluntarios será a clasificación e distribución da gran cantidade de alimentos recollidos tanto polos nenos e nenas dos centros escolares do concello como a través da colaboración cidadá.
Este traballo realizarase en colaboración co banco de alimentos de SOS Porriño, e todo o material recollido será distribuído posteriormente entre as familias con menos recursos da localidade.
Noelia de la Fuente engadiu que “se algunha persoa está interesada ainda en sumarse a este programa municipal de voluntariado poderá informarse e inscribirse na OMIX do Concello, situada no edificio do Centro Cultural Municipal.