Representantes dos centros educativos do Porriño reuníronse coas concelleiras do goberno municipal, Lourdes Moure e Cami Moreira e persoal da OMIX para establecer a folla de ruta das actividades para o alumnado, a realizar ó longo deste ano. Programaronse ata catorce actividades diferentes que abranguen tecnoloxías, información sobre saídas profesionais, emprendemento, mellora no uso de idiomas ata outras vencelladas con mocidade, igualdade, cultura e festas.
Destacar que estas propostas serán sometidas a opinión dos propios nenos, nenas e adolescentes no próximo pleno do consello municipal de infancia que se reunirá no mes de abril. E o segundo “pleno infantil” do ano será o 20 de novembro Dia Mundial dos Dereitos da Infancia.

En marzo terá lugar a primeira quenda da Feira Teconolóxica para alumnos de 4º de Primaria de todos os CEIP. En maio será a quenda dos CPR “Santo Tomás” e “Hermanos Quiroga” e dos alumnos de “Aceesca”. En abril celebraráse “Bootcamp”, obradoiros adicados a axudar a elixir saida profesional ós alumnos de 4º da ESO que terán lugar en cada centro (“Hermanos Quiroga”, “Santo Tomás”, IES Pino Manso e IES Ribeira do Louro).

Entre outras actividades programadas polo Concello do Porriño e os representates da comunidade educativa, realizaranse “Ecopercusión” para alumnos de 5º e 6º de Primaria; “Pinta Muros”; “Planetaria itinerante 3D” para alumnos de Infantil, Primaria e “Aceesca”; e “Cine 360º” con gallo dos 125 anos da primeira proxección, iniciativa que se fará coincidir coa Semana das Ciencias en novembro. E o 3 de decembro haberá unha especial celebración do Día da Discapacidad.

Tamén programanse ó longo do curso diversas charlas sobre educación en valores; educación afectivo-sexual e emprendemento (adicada a alumnos de IES e ciclos de FP). Por outra banda repetiráse a “Semana Branca”pola que o Concello do Porriño organizará un ano máis a visita de alumnos á neve a un prezo subvencionado prácticamente na súa totalidade pola Concellería de Educación.

Pola súa banda a Concellería de Cultura invitou ós centros educativos a colaborar nas diversas actividades vencelladas co Entroido, Maios Festival de Cans, Feira Apícola, Samaín e campañas contra a violencia de xénero.
Ademais terán lugar os irmandamentos de alumnos franceses de Fronçac (que chegarán en marzo) e porriñeses (que viaxarán en abril).

Finalmente, a petición dos directores de centros vaise valorar traer unha compañía de teatro en inglés para alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, como método de mellora da comprensión do inglés oral.