O Concello do Porriño felicitou ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos nacionais

O Concello do Porriño trasladou a súas felicitacións ó ciclista Jorge Punzón polos seus títulos no Campeonato de España de BTT en modalidades XCO e XCE, disputados o derradeiro fin de semana na localidade navara de Arguedas.
O concelleiro de Deportes, David Alonso felicitou ó deportista porriñés que acadou dúas medallas: ouro na proba de XCO Relay como integrante do equipo de Galicia; e prata como subcampión de España na modalidade XCO por eliminación.

Isidoro Hornillos ponderou a “enorme calidade” da pista de atletismo durante a visita que compartiu coa Alcaldesa de Porriño

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos destacou a “enorme calidade” da pista de atletismo que se está a construir no polígono da Granxa durante a visita que efectuou en compañía de Eva García, alcaldesa de Porriño e de David Alonso, concelleiro de Deportes. Hornillos manifestou que “esta pista de tartán é do mellor nivel que actualmente pode haber non só en España senón en Europa” e abogou por “ser ambiciosos para intentar nun prazo razoable de tempo, cubrir a instalación con miras a albergar campeonatos autonómicos e nacionais e tamén para garantir o mellor uso da instalación ó longo do ano”.


A pista de atletismo ten unha corda de 200 metros que é a regramentaria para competicións “indoor” ou pista cuberta con seis calles. E ademáis conta cunha pista central para competicións de velocidade e vallas de 60 metros con oito calles.


Asimesmo o presidente da federación interosouse polo módulo de atletismo que sí estará cuberto e permitirá o adestramento de atletas de diversas especialidades. Hornillos considerou que será “un equipamento pioneiro no sur de Galicia”. A comitiva tamén percorreu as instalacions anexas do Club Atletismo Porriño onde tamén estánse a realizar labouras de axeitamento dos vestiarios asi como das oficinas situadas no piso superior.
Todas estas obras contan cun orzamento de 1 millón de euros a cargo do Plan Concellos 2018/2019 da Deputación Provincial.
A previsión do goberno municipal é que pidan estar rematadas e ser inauguradas àra o vindeiro mes de setembro.

PLENO DE ORGANIZACIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL: HABERA SEIS ADICACIÓNS EXCLUSIVAS COAS MESMAS RETRIBUCIÓNS DO 2018

A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro.
Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto.
A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns.
Finalmente haberá sete comisións informativas:
Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras
Economía, Fazenda e Persoal
Contas
Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade
Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados
Deportes, Cultura, Xuventude e Festas
E finalmenete Servizos Sociais e Igualdade.
En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.

O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal.
Haberá 6 adicacións exclusivas que corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas.

As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018. Ese natiz deu lugar a un debate intenso entre os voceiros do BNG e EU Son.
Finalmente Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera.
Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.

O concelleiro de Deportes visita as instalacións do Velódromo co presidente da Federación Galega de Ciclismo

David Alonso, concelleiro de Deportes mantivo este mediodía unha visita ás instalacións do Velódromo Municipal do Porriño en compañía de Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudiron representantes da AD Avanza e do club Máster da Louriña.
Visitaron vestiarios, sala de máquinas e a pista e graderío do Velódromo para comprobar o grado de deterioro das instalacións e valorar as obras máis urxentes que habería que acometer para garantir un mínimo de servizos.


Concelleiro e presidente da Federación acordaron facer unha proposta máis ambiciosa e tratar de implicar á Xunta de Galicia. A tal fin o presidente da Federación pedirá que los reciba o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Leite Lasa.
O velódromo de Porriño é o único existente en Galicia. Data de 1993, ano no que foi inaugurado por Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, administración que sufragou as obras.

Visita de seguimento ás obras nos campos de futbol de San Campio en Pontellas

Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio.
Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural. Neste campo onde xogará os seus partidos como local o Pontellas en Terceira División despois do seu flamante ascenso de categoria, tamén están a realizarse traballos de limpeza e pintura dos vestiarios.


Estés traballos que se están a realizar foron acordados nun recente encontro celebrado na Alcaldía entre Eva García, Julio Bernárdez e directivos do C.D. Pontellas encabezados pola súa presidenta, Marta Costas. Durante esa reunión a alcaldesa recoñeceu á directiva do Pontevedra “a mói boa xestión que están realizar dende a parte administrativa do club que se plasma nos excelentes resultados deportivos en todas as categorías”.

ESTE SERÁN PARTIDO AMISTOSO ENTRE A SELECCIÓN FEMININA DA REPUBLICA DOMINICANA E O BALONMAN PORRIÑO

Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na Residencia Cemar. Estárán ata o 16 de xullo para preparar a súa participación nos Xogos Panamericanos que terán lugar a finais de mes no Perú. Na súa estadía e concentración en Mondariz está a colaborar o club Balonmán Porriño.

O Club Atletismo Porriño fará coincidir o domingo a XIV Carreira de Xóvenes Atletas co Memorial “As Agüíñas Diego Salgueiriño”

O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial “As Agüiñas Diego Salgueiriño”.

O evento deportivo terá lugar este domingo 30, a partir das 10 horas. Desenvolverase nas instalacións do Club no Polígono Industrial A Granxa e nos montes aledaños, segundo informou á Concellería de Deportes, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porriño.

Dito evento consta de distintas probas dende a categoría Pitufos ata Cadete e tamén categoría absoluta, sendo todas elas carreiras a pé. O Club estima unha presenza de unhas 200 persoas entre participantes e organización.

O subcampión galego de Kick Boxing adestrará ás mulleres que participan no curso de defensa persoal feminina

Juan Rivera, subcampeón de Galicia en Kick Boxing modalidade K1, participará o sábado na instrucción ás mulleres que están a participar no curso permanente de defensa persoal feminina que patrocina o Concello do Porriño. Juan Rivera é de Mos e leva unha carreira deportiva exitosa que en breve propiciará o seu salto ó profesionalismo como dice o seu entrenador, Juan Alonso que tamén é outro dos monitores do curso de defensa persoal feminina.

Lembremos que o Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir coas clases de defensa persoal feminina despois do éxito acadado polo curso que se realizou no pasado mes de maio. A partir de agora con carácter permanente. Deste xeito O Porriño é o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que participan nesta acción formativa continua.
O curso comezou o pasado sábado 15 de xuño no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizase en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o sábado 29 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar na organización e instrucción das mulleres participantes.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto visitou á Alcaldesa co gallo do campus do “PBB”

Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do “Porriño Baloncesto Base”. Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.

No que atinxe ó Campus do “PBB” no que participan 236 nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, vén celebrandose durante esta semana no Polideportivo Municipal e concluirá mañá sábado. Pasaron nestes días, entre outros, Martín Iglesias ex-xogador do Porriño Baloncesto Base que actualmente milita no Barcelona. A participación deste e outros xogadores de nivel foi unha das novidades do mesmo xeito que Lucas Vaquero que asumiu a dirección do Campus, avalada pola súa experiencia como xogador e entrenador da Liga EBA en Porriño.

O Campus do Porriño Baloncesto Base concluirá o sábado a mediodía e á clausura asistirán Eva García, alcaldesa de O Porriño e David Alonso, concelleiro de Deportes.

Unha comitiva municipal agradece ó Comandante Naval de Tui a colaboración no pasado Triatlón Concello do Porriño e visita ás obras de arranxo da pista deportiva do CEIP de Atios

Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.

A proba disputada o pasado 8 de xuño con 205 participantes desenrolouse sen incidencias. A parte sempre máis perigosa é o tramo inicial de natación, cun percorrido de 750 metros no río Miño, debido ás correntes fluviais. Foi impecable grazas á inestimable colaboración do persoal da Comandancia que ademáis cedeu a súa darsena para realizar a primeira transición cando o participantes collen a súas bicicletas para facer o segundo tramo da proba.

O capitán de corbeta Ignacio Tobarra informou á alcaldesa e resto da comitiva municipal do Porriño que en breve será destinado a Madrid e que polo tanto haberá relevo no mando da Comandancia de Tui.

De retorno a Porriño a comitiva municipal detivose no CEIP de Atios para comprobar o resultado das obras de arranxo da pista deportiva cuberta nas que se investiron 19.390 euros durante o pasado mandato 2015/2019 polo goberno de Eva García. Ainda resta por rematar a construcción dos baños que se acometerá en breve. Asimesmo comprobaron o resultado doutras actuacións no exterior do centro docente realizadas en colaboración coa ANPA.