- Unha proba que discurre por un espazo único, cheo de natureza, e que conta con tres modalidades: 21K, 12K e andaina
O Porriño, 28 de marzo de 2026 – O vindeiro 25 de abril, as montañas do Porriño vibrarán coa celebración do Trail Montes de Atios, unha cita que arranca este ano xa como puntuable para a Superliga Galega de Trail. Esta competición permitirá aos corredores sumar puntos clave para o ránking autonómico, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario galego.
Esta carreira é unha iniciativa da Comisión de Festas da Guía de Atios, que nace cunha vocación de continuidade e respecto pola natureza. Segundo explican desde a organización, o evento ponse en marcha “coa intención de que perdure moito tempo para conservar o monte e a paisaxe, e co obxectivo de poñer en valor a nosa riqueza natural”. A proba non é só un reto deportivo, senón unha homenaxe ao patrimonio ambiental da parroquia.
Un percorrido épico: Entre muíños e campás
O percorrido, deseñado polo Club AC Castelos, é todo un reto para os corredores e corredoras, pero tamén para os amantes da paisaxe. A xornada arrancará desde o emblemático Torreiro da Guía, punto neurálxico do evento. Tras unha saída vibrante, os participantes dirixiranse cara ao campo de fútbol para iniciar o ascenso polos históricos Muíños de Atios, un tramo que combina natureza e patrimonio.
O desafío culminará no punto máis alto do Porriño: a cima do Roupeiro. Neste lugar estratéxico, onde se atopa a famosa formación rochosa en forma de seta, os corredores vivirán un dos momentos máis simbólicos da proba: tocar a campá situada sobre a rocha. Para inmortalizar este fito, a organización contará cun fotógrafo oficial que capturará o paso de cada atleta coas impresionantes vistas de todo o val do Porriño de fondo. “Chegar a esta campá será para os corredores tocar o ceo no Próximo Trail de Atios”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, lembrando que normalmente está emprazada no roupeiro e dende alí “podemos ver ao fondo O Porriño dende un entorno privilegiado, porque somos un pobo de deporte e natureza”.
Dúas distancias para todos os niveis
Tras alcanzar o cumio, a proba divídese en dous percorridos deseñados para diferentes perfís de corredor:
- Distancia Curta (Mini Trail12 km): Descende cara ao campo de fútbol do Roupeiro para regresar directamente ao ambiente festivo do Torreiro da Guía. Ten un desnivel positivo de
- Distancia Longa (Trail – 21 km): Un trazado máis esixente que se desvía cara ao impoñente Castelo de Cans. Os corredores bordearán esta zona histórica antes de iniciar o descenso final cara á meta na Guía. Aquí está o reto, cun desniel de 1080m.
- Andaina (12 km): Non todo vai ser correr. Neste caso con 500m desnivel positivo , un percorrido ideal para familias e para quen quere disfrutar coa paisaxe, que é única neste
Padriños de luxo e competición de elite
A presentación do evento contou coa presenza de dúas figuras referentes do trail running nacional e internacional: con Eloy Martínez Faro como padriño, destacado atleta que vén de triunfar en Francia ao gañar unha das probas do prestixioso Mont Blanc; e con María Martínez González, como madriña: campioa galega de Trail Running e campioa de España de Short Trail. María lidera actualmente o ránking galego na distancia Classic, posición que lle asegura a súa terceira convocatoria consecutiva coa Selección Galega.
Premios e Inscricións
A organización dispuxo trofeos para as diferentes categorías (Feminina e Masculina), recoñecendo o esforzo dos mellores tempos nesta dura xornada de montaña. As inscricións seguen abertas a través da plataforma oficial: https://magmasports.es/.
