O Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e 26 de maio-e que este ano recibirá o meirande apoio do Concello na súa historia, impulsará nesta XV edición un ‘concurso de booktrailers e booktubers’, que terá como obxectivo estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre as máis novas e os máis novos. Estas pequenas pezas creativas, que consisten en resumir en poucos minutos de imaxes o contido dun libro, están a medrar cada vez máis na rede, ata o punto de que comeza a haber concursos específicos en festivais,adicados a esta modalidade.
Este concurso chamado “Ollo de vidro” enmárcase dentro dunha iniciativa da canle de youtube ‘Recoméndoche un libro’, impulsada en anos anteriores por varias institucións de Vigo como a Biblioteca Neira Vilas, O IES Castelao e a Escola Oficial de Idiomas, ademais da Asociación de Veciños de O Calvario, entidade patrocinadora do evento. Este ano incorpóranse tamén como promotoras do proxecto dúas institucións moi activas de O Porriño, como a Biblioteca Municipal, que depende directamente da Alcaldía, e o IES Pino Manso, aínda que a participación estará aberta a todas as persoas que o desexen de calquera punto de Galicia.
Nos últimos dous anos, o Festival de Cans está a desenvolver unha liña de contidos enfocada sobre todo ó público máis novo, onde busca visibilizar e impulsar a intersección creativa entre a literatura e o audiovisual. En anos anteriores, Cans tivo interesantes mostras de booktrailers, e polo festival pasaron autoras e autores e editores relevantes da literatura galega, así como realizadores a realizadoras especializados nos booktrailers.
Nesta edición, o certame “Ollo de vidro”, converterase nun concurso aberto á participación no que un xurado específico escollerá unha selección de finalistas, que serán proxectados en Cans. Durante o festival celebrarase esta gran final, na que se desvelarán os gañadores. O primeiro premio estará dotado con 400€, o segundo con 250€ e o terceiro premio cunha estancia en Cans con noite de hotel e entradas para asistir ao concurso de curtametraxes. Todos os premios teñen tamén dotacións en lotes de libros e esculturas e placas conmemorativas.
O prazo de inscripción está aberto ata o 23 de abril e as bases da convocatoria e o concurso poden seguirse en www.recomendocheunlibro.com







A calidade das dez formacións participantes foi altísima e, ademais de composicións tradicionais, foron quen de atreverse con temas dos Beatles, unha música que non faría estraño que o propio capitán Sparrow estivese entre o público, a banda sonora de Piratas do Caribe’, ou a de ‘Star Wars’.


Eva García de la Torre, quen amosouse especialmente “ilusionada e emocionada” cualificou a obra de “imprescindible” tanto para coñecer a historia da vila, coma para estar orgullosos do noso pasado e, principalmente, para ser conscientes do feito de que temos a obriga de coidar e conservar “o noso patrimonio cultural, natural, arquitectónico, etnolóxico e social”.
O libro, como salientaron os seus autores, amosa a riqueza da historia do Porriño no que deixaron a súa pegada os viquingos ou árabes, que viu loitas mediavais e o dominio da Igrexa, que foi o pasto do lume prendido nas invasións de portugueses e franceses, que dependeu de Baiona e Salvaterra, que deu o considerado vestixio máis antigo da Humanidade, que veu nacer a ministros, sindicalista, grandes militares que acompañaron na loita ao mesmo Simón Bolívar, ou a un dos xenios da arquitectura, tales foron os nomes de Antonio Pallares, Laureano Alonso, Francisco Pérez Leirós e, especialmente, Antonio Palacios; unha vila que tiña un pan apreciado en todos os reinos da península, que viviu a emigración, os movementos obreiro e agrario, as dúas repúblicas, a Guerra Civil, os asasinatos do franquismo e o nacemento dunha industria que é hoxe un dos sinais identificativos do Porriño.
O Porriño do futuro
A alcaldesa apostou por reconquistar para os cidadáns lugares coma a Avenida de Antonio Palacios e o entorno do Centro Cultural a Praza de San Sebastián ou a Avenida de Galicia que conta xa cun proxecto que permitirá facer un “espacio máis amable” con elementos que chamen aos cidadáns a ocupalos e facer deles “lugares de convivencia”.