A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación “on line” do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
https://www.facebook.com/120626222666695/posts/279301076799208/?vh=e&d=n
A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación “on line” do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
https://www.facebook.com/120626222666695/posts/279301076799208/?vh=e&d=n
A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada.
“Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.
A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.
No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.
https://bibliotecadoporrino.com/2020/05/10/7-post-sobre-carballocalhero/
Coa ocasión do Día das Letras Galegas, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, quere animar a todas as nenas e nenos á participar no concurso “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS”.
Todos aqueles debuxos publicados serán agasallados cun lote de libros.
Cada debuxo debe estar titulado e de temática relacionada co Día das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano, Ricardo Carballo Calero
Dadas as actuais circunstancias excepcionais que estamos a pasar e tendo en conta que neste momento os nenos e nenas están nas casas coas súas familias, “parécenos que esta é unha actividade que ao tempo que entretén, axuda ao coñecemento desta celebración tan significativa en Galicia”, segundo valorou Cami Moreira, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
As bases de participación pódense consultar no seguinte enlace coa páxina web do departamento de Cultura do Concello.
Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas
Hoxe, 29 de abril, celebrase o Día Internacional da Danza, efeméride que o departamento de Cultura do Concello lembra dun xeito especial na súa web cunha programación que vencellamos nun enlace a pé de páxina.
Nesta ocasión, a Concellería de Cultura solicitou a colaboración da bailarina, coreógrafa e profesora de danza porriñesa, Janet Novás que gravou un vídeo cunha mensaxe especialmente dirixida á poboación que aínda debe manter a corentena nas súas vivendas.
Na web de Cultura tamén hai unha referencia a outro porriñés, Juan Antonio Carrera Figueroa que marchou en 2003 a Madrid onde completou a súa formación e desprega a súa carreira artística participando nos repartos de diversos musicais como actor, cantante, bailarín e coreógrafo.
En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.
Día Internacional da Danza 2020
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude, expresa o seu apoio ao concurso “Celebra con nós o Día do Libro”, promovido pola Xunta de Galicia.
Desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizouse un sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).
O concurso consiste en dicir a quen lle regalarías un libro neste día e participando pódese conseguir un dos 10 vales de 40€ que sortea a Xunta de Galicia para gastar nas librarías asociadas ao Carné Xove, unha vez abran de novo de xeito físico
Para participar premer no seguinte enlace.
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18714-celebra-dia-do-libro
Publicamos hoxe a cuarta quenda quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Ana Cristina Oya, segunda adestradora do Club Patín Porriño, amósanos unha sinxela clase de baile para axudarnos a facer exercicio e levar mellor a corentena.
Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.
Nas tres entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios e Mary Atós do Club Patín Porriño, os encargados de darlles pautas de mantemento físico.
Hoxe, xoves 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. Pero temos que facerllo dende a casa.
Así que o departamento de Cultura do Concello e a Biblioteca Municipal lembran a oferta de contidos, lecturas e recursos on line que están a ofrecervos para facer máis levadeira esta corentena.
http://ecultura.net/suxerencias-da-biblioteca-municipal/
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.
A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise.
A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia.
Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática.
O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
Xoel Souto, preparador físico da Unión Deportiva Atios, é o encargado de facer esta segunda entrega do ciclo #Porriñodeportenacasa que subimos hoxe ás redes sociais do Concello.
Nesta quenda, Xoel preparou unha serie de exercicios para o mellor mantemento físico das persoas maiores de 80 anos que a consecuencia do estado de alarma, permanecen confinados nos seus fogares e non poden saír ás rúas.
Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, un ciclo de vídeos baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.
Na primeira entrega, foi Ana Alonso, preparadora física do club “Balonmán Porriño” ofreceunos unha clase dirixida especialmente a persoas maiores, entre 70 e 80 anos, con bo estado de saúde e sen patoloxías previas graves.
Pedimos que os netos e netas, fillos e fillas axuden aos avós e aos pais por se tiveran dificultades para ver o vídeo aínda que o procedemento de descarga e visión é moi sinxelo.
https://youtu.be/f1D93UZ0sg4