O Concello segue adiante coa limpeza das parroquias completando a de Torneiros en lugares que “non se limparan nunca”

O Concello está a levar a cabo unha completa labor de limpeza no Porriño, traballos que, como adiantara hai unhas semanas a alcaldesa, Eva García de la Torre, chegará a todas as parroquias.

Nas mesmas estase a completar o desborde dos camiños, corte de maleza, retirada de silvas, saneamento de pontes e sendas, corte de herbas, roza, poda de árbores, mellora dos xardíns, arranxo de parques, aviado de pistas e beiravías ou colocación e baldeado de colectores do lixo.

Dentro deses traballos completouse a limpeza de beirarrúas, escaleiras e prazas de Torneiros con maquinaria a presión e chegando a puntos que, subliña a alcaldesa “non se limparan nunca en máis dunha década” e que presentaba un aspecto “lamentable e descoidado e que, maila as constantes queixas dos veciños, nunca se adecentaran”.

García de la Torre subliña que estes traballos seguirán por todas as parroquias, sumaranse aos realizados en diferentes  partes da vila, nos que se completan “a diario” labores de desborde, baldeo, corte de céspede, retirada de lixo e moblaxe e varrido.

Así mesmo, axiña estará rematada xa a recuperación e reforma da práctica totalidade dos parques infantís do Porriño, coma os da Praza do Cristo, Centro Social de Atios, os de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os dos centros sociais de  Mosende e Pontellas, o de Torneiros, o da rúa Pío XII ou o do Matadeiro, varios dos cales xa están listos para o gozo dos cativos e, nalgúns casos, de maiores, posto que incorporan compoñentes biosaudabeis-como timóns, andadores, volantes ou barras paralelas-, e elementos para persoas con diversidade funcional.

A Corporación do Porriño apoia ás nais e pais do CPI da Ribeira e rexeita, de novo, o peche das aulas da ESO do centro

Varios membros da Corporación Local, entre eles a alcaldesa, Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o voceiro de EU Son, Pedro Ocampo apoiaron, de novo, a reivindicación das nais e país do Centro Público de  Integración (CPI) da Ribeira para que non se pechen as aulas de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), do mesmo.

Os membros da ANPA concentráronse na Praza de Antonio Palacios e, logo, estiveron no Pleno do Concello onde as representantes das ANPA tiveron a oportunidade de intervir e pedir, unha vez máis, ao Goberno de Galicia que non siga adiante con esta medida.

A Corporación do Porriño aprobara na súa reunión anterior unha moción na que se rexeitaba este peche, ademáis dun ataque á Educación pública, gratuíta e de calidade, suporá unha merma para o único centro público de integración do Porriño, no que o 35% dos seus alumnos son de etnia xitana.

As alumnas e alumnos do Pino Manso reciben este luns o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia

Os alumnos e alumnas do IES Pino Manso recibirán este luns –ás 11 e media da mañá- o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia, pola realización dun mapa dixital de accesibilidade en cadeira de rodas a establecementos da contorna empregando as novas tecnoloxías.

O galardón, que vai acompañado dunha dotación económica de 1.000 €, forma parte da modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida aos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial de Galicia.

Este concurso ten por obxecto potenciar e propiciar valores e principios que inspiran o cooperativismo como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Tras a entrega do galardón os estudantes poderán desfrutar da compañía teatral ‘Xarope Tulú’, que representará a súa obra ‘Cardume’, un espectáculo  que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose en ocasións en protagonista.

Representantes de Burdeos, visitan unha canteira e o @festivaldecans

Marie-France Regis, alcaldesa de Mouillac e vicepresidenta da Communauté de Communes du Fronsadais; Joël Caurraze, presidente do Comité de Hermanamiento Europeo deste organismo; Caroline Lescoul, tenente de alcalde do Concello de Galgón e responsábel de Asuntos Sociais, e Edwige Obledillo,profesor del Instituto Profesional de Blaye, representantes concellos de Burdeos de visita oficial a O Porriño, visitaron este xoves o Festival de Cans e unha das canteiras do Concello.

Estes representantes desta comunidade de Burdeos, que integra a 18 concellos franceses cos que o Goberno local ven de establecer unha relación de cooperación en diferentes eidos, estarán no Porriño do mércores, día 21, ao domingo, día 28.

Nestos días, ademáis de manter varias xuntanzas de traballo co tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, de Limpeza e Seguridade, Orlando Mázquez, de Educación Lourdes Moure, e de Benestar, Soledad Girón, visitarán a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, dependente do Consorcio de Augas do Louro, presidido pola alcaldesa, Eva García de la Torre; terán a oportunidade de coñecer unha as Adegas La Val; asistirán a diferentes actos do Festival de Cans, este mesmo xoves viaxaron nun dos chimpins, asistirán á proxección dunha das curtas e, ademáis, gozarán da gastronomía da zona.

Visita da directora xeral de Administración local a Chenlo e Mosende

Visita da directora xeral de Administración local a Chenlo e Mosende
Marta Fernández-Tapias, directora xeral de Administración local, visitou este xoves a Entidade Local Menor de Chenlo onde foi recibida polo alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, a concelleira de Traballo e Benestar, Soledad Girón, o concelleiro de Urbanismo, Industria e Comercio, Marcelino Coto, e o alcalde pedáneo de Chenlo, Manuel Alejandro Lorenzo, e á parroquia de Mosende.
Na visita, à que tamèn acudiu o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio Lòpez-Chaves,estuvieron presentes representantes de distintas entidades da entidade local menor e da parroquia de Mosende

aberto o Prazo de Inscrición para os “Campamentos de Verán”

Segue aberto o Prazo de Inscrición para os ‘Campamentos de Verán’ do Porriño que este ano abranguen a persoas con diversidade funcional

A Concellería de Benestar, que dirixe Soledad Girón,ten aberto o prazo de inscrición para os ‘Campamentos de Verán’ que este ano incorporan unha novidade importante, dando cumprimento a un acordo do Pleno da Corporación: a creación dun campamento específico para persoas con Diversidade Funcional.

O prazo para tramitar a inscrición abriuse o pasado día 11 de maio e pecharase o vindeiro 2 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, e as veciños e veciñas que queiran obter máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 633 429.

A concelleira subliña que os campamentos están dirixidos a nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2011-os dous incluídos- e a persoas con diversidade funcional, tendo a obriga, en todos os casos, de estar empadroadas no Porriño.

Soledad Girón lembra que estes campamentos, que son sen custo algún, teñen coma obxectivo “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.

 
 

Aberto o prazo para os Campamentos de Verán

Aberto o prazo de inscripción para os ‘Campamentos de Verán’ que este ano abranguen actividades para persoas con diversidade funcional

A Concellería de Benestar, que dirixe Soledad Girón, ven de abrir o prazo de inscrición para os ‘Campamentos de Verán’ que este ano incorporan unha novidade importante, dando cumprimento a un acordo do Pleno da Corporación: a creación dun campamento específico para persoas con Diversidade Funcional.

O prazo para tramitar a inscrición abriuse o día 11 de maio e pecharase o vindeiro 2 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, e as veciños e veciñas que queiran obter máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 633 429.

A concelleira subliña que os campamentos están dirixidos a nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2011-os dous incluídos- e a persoas con diversidade funcional, tendo a obriga, en todos os casos, de estar empadroadas no Porriño.

Soledad Girón lembra que o obxectivo destes campamentos, que non teñen custo algún, é o de “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.

 
 
 

Trámites para desaloxar tres pisos de Torneiros, de propiedade municipal.

O Concello iniciou os trámites para desaloxar tres pisos de Torneiros, de propiedade municipal, cedidos por un período de 6 meses, hai preto de 8 anos, a tres familias en situación de necesidade

A Concellería de Benestar ven de iniciar os trámites para o desaloxo de tres pisos de propiedade municipal, na parroquia de Torneiros, que en maio de 2009 foran cedidos, “de xeito temporal por un prazo de 6 meses”, a outras tantas familias en dificultades.

A concelleira de Benestar subliña que as vivendas de propiedade municipal son “un ben escaso” e, coma tal, que ten que ser empregado para favorecer ao maior número de persoas que se atopen en situación de necesidade, que no caso do Porriño son numerosas, e “non para o uso exclusivo de tres familias”.

Soledad Girón subliña que “ninguén viuse tan beneficiado polos servizos de Benestar do Concello coma as persoas que levan preto de oito anos nestas vivendas” e lembra que os Servizos Sociais coñecen “moitos casos” de familias do Porriño que están en condicións moi difíciles, coma as máis de cen que viven so coa Renda de Inserción Social e tendo que facer fronte a alugueiro e aos gastos de luz e auga, e que o xusto é que estas vivendas municipais sirvan coma “axuda temporal ao maior número posible de persoas”.

Giron entende que “favorecer a uns poucos é moi inxusto con persoas que están na mesma situación ou en peores condicións e a obriga das Administracións, neste caso do Concello, é velar por todos, non por uns poucos en exclusividade”.

Os moradores destes pisos xa recibiron a notificación do Concello para que deixen os mesmos e, este martes, a propia concelleira falou con eles.