A OMIX colabora coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil

O Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

“Aínda que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.

Deste xeito a OMIX apoia a campaña “Un minuto de información xuvenil” que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.

Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: información.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17.

A Concellería de Cultura renova a “Programación para pasar unha corentena” cun xogo de coñecemento sobre O Porriño e unha mostra colaborativa de videos


O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.

Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”.
“Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño que é interactivo como coa mostra de video ‘Amosa a túa corentena’, mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán.

Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.


No que atinxe á mostra colaborativa de videos, apelase á participación cidadá. A Concellería de Cultura convida á veciñanza para que bote unha man a alixeirar este confinamento.
As regras e instruccións para poder participar e mandar os videos ao departamento de Cultura do Concello, explicanse na web www.cultura.net

http://ecultura.net/amosa-a-tua-corentena/

Policía Local e Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorporaronse nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.

Montáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais de O Porriño onde realizouse esta tarefa en colaboración coa Garda Civil.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de máscaras con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Ese reparto realizouse conforme as instrucións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixilancia e control do cumprimento do estado de alarma que se mantén dúas semanas máis, polo momento.


“Porremprego” difunde unha guía informativa para traballadores e empresas para acollerse ás axudas oficiais como consecuencia da pandemia

A Concellería de Servizos Sociais, a través de “Porremprego”, ven de distribuir unha guía informativa para traballadores e empresas coas diferentes posibilidades de acollerse a axudas oficiais, segundo a situación na que se atopen., como consecuencia do estado de alarma a causa da pandemia polo “Coviud-19”.

Ademais facilitanse enlaces amplar información, para resolver as dúbidas máis frecuentes e para realizar trámites.

As denuncias da Policía Local por incumprimento do estado de alarma no Porriño, ascenden a 193

Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma.

Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.

Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.

O Concello cancela actividades complementarias previstas nos centros educativos da vila

O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”. 

De tal xeito que as Concellerías de Educación e Xuventude do Porriño comunican a anulación do programa “BootCamp” e tamén da “Feira Tecnolóxica”. Ambas dúas serán datadas para o vindeiro curso 2020/2021 despois de que se celebre unha reunión coas direccións dos centros educativos.

Lembremos que “BootCamp” ía celebrarse neste mes de abril, despois da Semana Santa, enfocada aos alumnos de Secundaria, para axudarlles a coñecer e elixir saídas profesionais. E a “Feira Tecnolóxica”, tamén en colaboración coa empresa “KidCode”, anulase ata o vindeiro curso pola escasez de datas para a súa preparación xa que estaba prevista celebrarse o 29 de maio.

 

O Concello do Porriño sumase ao Plan de Formación de Xuventude durante a emerxencia sanitaria proposto pola Xunta de Galicia

A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19″, promovido pola Xunta de Galicia.

Segundo recolle a información recibida pola Concellería que dirixe Cami Moreira, o Plan está conformado por 18 cursos “on line”. Ofertan un total de 1.250 prazas. Están orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (cun especial fincapé na reciclaxe na casa); novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.

No ámbito da mocedade, as accións formativas centraránse no eido dixital, na comunicación, tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos personas xóvenes de entre 16 e 35 anos.

Os formularios de inscrición estarán disponibles a partir do mércores 8 e o prazo rematará o 13 de abril.

Deixamos o enlace para os/as interesados/as coa páxina web de Voluntariado Galego (Consellería de Política Social) con toda a información necesaria.

en la página web de Voluntariado


A Biblioteca Municipal segue aberta na Internet

Para axudar a levar mellor a corentena, a Biblioteca Municipal do Porriño non pecha en internet e traballa ofrecendo unha selección de contidos, lecturas e recursos “online “que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.

Deixamos o enlace coa web do departamento de Cutura e coa propia Biblioteca Municipal para que poidan consultar as diferentes propostas e suxerencias.

http://ecultura.net/suxerencias-da-biblioteca-municipal/

https://bibliotecadoporrino.com/

Traxes de protección e mascariñas confeccionadas por mulleres do Porriño para policías locais, profesionais sanitarios e de atención domiciliaria


Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas que recibiu o Concello do Porriño para a súa utilización polos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Nestes días o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.

Por outra banda outro grupo de mulleres porriñesas, entre elas a propia Eva García, alcaldesa da vila, están a confeccionar cos seus propios medios e nas súas casas, tanto patróns para os “EPI” como mascariñas de protección de dous tipos que entregan periódicamente tanto á Policía Local como tamén aos profesionais sanitarios que están a traballar no Centro de Saúde.

Tanto o material para os EPIs (traxes de protección) como para as mascariñas procede de doazóns de empresas porriñesas ás que o Concello agradece a súa desinteresada colaboración.

Novas achegas de alimentos de empresas da contorna para socorrer o aumento de familias en risco de exclusión

Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”.
Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.


Entre onte venres e hoxe sábado recibironse na sede de “SOS Porriño” as doazóns de “Coren” que entregou 500 kilos de conservas e “Gadis” que aportou media tonelada de fariña e azucre. O luns será “Distribucións Froiz” quen aporte 1.000 kilos de arroz e a industria “Ceamsa” patrocine a entrega de 300 botes de cacao instantáneo. E “Nova Pescanova” repetirá aportación de 250 kilos de productos elaborados de peixe e marisco conxelado.
Todas estas doazóns súmanse ás recibidas dende o luns pasado entregadas pola antedita “Nova Pescanova” así como por “Eurobanan” e “Noribérica”. Ademais da entrega semestral da Cruz Vermella que mandou un camión con 20 toneladas de alimentos non perecedoiros.