Alejandro Lorenzo, o novo alcalde, deséxalles a todas e todos os veciños de Porriño, un Bo Nadal, moita saúde e paz dende o despacho da Alcaldía, despois do primeiro día de traballo.
Alejandro Lorenzo, o novo alcalde, deséxalles a todas e todos os veciños de Porriño, un Bo Nadal, moita saúde e paz dende o despacho da Alcaldía, despois do primeiro día de traballo.
Sergio Quintas Casal, terceiro tenente de alcalde, comunicou esta tarde aos grupos municipais da corporación que o pleno de elección e toma de posesión da persoa que exercerá como alcaldesa ou alcalde do Porriño, terá lugar sen público. Só se permitirá o acceso ao salón de plenos aos profesionais dos medios informativos que acrediten estar vacinados con certificado Covid e provistos de máscaras.
A sesión terá lugar este xoves, a partir das 18,00 horas e retransmitirase por streaming na mediateca municipal, a través da páxina web do Concello (http://mediateca-oporrino.seneca.tv/activity)
A decisión tomouse ante o risco de aglomeracións no salón de plenos e a partir dos datos epidemiolóxicos que actualmente presenta Porriño. Con datos ata a data, 280 contaxios en 14 días e unha taxa de incidencia de 1.411, segundo o Sergas.
Sergio Quintas Casal xa informou aos voceiros de todos os grupos municipais, como presidente do pleno de mañá. Esta circunstancia débese a que tanto Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde como Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde, serán candidatos á alcaldía e, polo tanto, non deberían presidir a sesión, que correrá a cargo de Sergio Quintas Casal, como terceiro tenente de alcalde.
O Concello do Porriño informa que o pleno de elección e toma de posesión da nova alcaldesa ou alcalde, terá lugar este xoves, a partir das 18.00 horas.
A sesión retransmitirase por streaming a través da mediateca municipal, existente nesta mesma páxina web, na seguinte ligazón
http://mediateca-oporrino.seneca.tv/library/lives/1
Engadimos documento “pdf” coa orde do día da sesión
DECRETO 2021-3070 [Decreto da convocatoria]
A Carreira Nocturna de Reis que celebrará O Porriño o vindeiro 8 de xaneiro “é un concepto novo, fuximos das clásicas San Silvestres que se solapan a finais de ano e apostamos por unha proba orixinal”, dixo hoxe David Alonso, concelleiro de Deportes na presentación do evento.
Xunto ao concelleiro responsable, compareceron o alcalde accidental do Porriño, Pedro Pereira e o triatleta Gustavo Rodríguez, medalla de prata xunto a Héctor Catalá nos Xogos Parolímpicos de Toquio, quen interveu como padriño da presentación.
Alonso Bargiela explicou as características do percorrido de 3 quilómetros, que parte da rúa Antonio Palacios, á altura do Instituto “Pino Manso” e remata en pendente fronte ao Pavillón Municipal de Deportes.
A partir de mañá mércores ábrese o prazo de inscrición, que se pode realizar “online” na páxina web www.carreirasgalegas.com, baixo o patrocinio da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Club Atletismo Porriño.
O concelleiro de Deportes anunciou que todos os participantes deberán presentar, como requisito indispensable, o pasaporte de vacinación contra o Covid ou a proba negativa.
Gustavo Rodríguez agradeceu a súa elección como “cabeza visible deste evento” e expresou o seu desexo de que “as lesións evolucionen e permitan vir ao Porriño e facer algunha rodaxe ese 8 de xaneiro e gozar do ambiente da carreira que de seguro será un éxito”, afirmou o triatleta tudense, vinculado ao Porriño.
O alcalde accidental, Pedro Pereira considerou un éxito a decisión de David Alonso de trasladar a carreira a xaneiro e agradeceu a asistencia de Gustavo Rodríguez á presentación “porque é un reclamo para fomentar a participación tanto de afeccionados como de profesionais”.
Pereira Fernández desexou prometeu que a evolución da actual sexta onda da pandemia non nos impide poder celebrala. “Estamos nunha situación sanitaria complicada e se houbese un aumento das restricións decidiríamos atrasar a data da celebración”, indicou o alcalde accidental.
A Concellería de Urbanismo e Patrimonio, dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, informa da sinatura en notaría das escrituras de compra de varias parcelas situadas na contorna do río Louro. Até o momento formalizouse o pago de fincas que suman unha superficie de 8.105.80 m2. Esta semana asinaranse novas escrituras coas que xa hai acordo de compra. En total a nova zona verde para uso público sumará un total de 20.285´55 m2. O importe da compra ascende a 364.131´01 €
Pedro Pereira, actual alcalde en funcións, agradeceu en nome do Concello do Porriño a boa predisposición das anteriores propietarias que desde o primeiro momento ao ser contactadas mostraron a súa colaboración para que o Concello conte con este espazo de desfrute para veciños e veciñas do Porriño.
“Hai que apostar por abrir o entorno do río ás persoas. A contorna do Louro é o pulmón verde que o centro urbano precisa e esta compra é un primeiro paso necesario para transformar este espazo”, apuntou Pedro Pereira.
O alcalde en funcións afirmou que a recuperación integral do lugar non será completa “mentres o matadoiro permaneza na súa localización actual e o tren siga a cruzar polo medio a vila do Porriño. O concelleiro de Infraestruturas chamou a “traballar desde a institución municipal para acadar un soterramento ambicioso da vía e negociar un traslado do matadoiro, dous obxectivos cruciais para o futuro do Porriño”, concluíu.
Pedro Pereira, alcalde accidental, e David Alonso, concelleiro de Emprego, entregaron hoxe, no Multiusos de Torneiros, 69 diplomas aos participantes que realizaron os cursos do plan municipal de formación de persoas desempregadas que o Concello do Porriño realizou neste ano. 2021.
En total, realizáronse seis cursos de formación para: manipuladores de alimentos; estacións de servizo; persoal de almacén; limpeza industrial; busca activa de emprego e electromecánica básica.
Todos estes cursos de formación, organizados pola Concellería de Emprego, foron financiados con fondos da Deputación de Pontevedra.
Precisamente esta semana, a Concellería de Emprego difundiu que o paro descendeu en Porriño en preto dun milleiro de persoas na última década segundo reflicten as estatísticas oficiais. O concelleiro Alonso vencellou esa dinámica positiva co “esforzo que está a realizar o Concello de Porriño cos programas de formación como o que rematou esta semana en Porremprego”.
Este mércores 15, ás 18,00 horas, celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria da corporación municipal cun único punto na orde do día.
Trátase de debater e aprobar definitivamente, se procede, unha modificación orzamentaria para un suplemento de crédito. Quince minutos antes do pleno, terá lugar a preceptiva comisión municipal informativa.
Adxuntamos documento “pdf” coa convocatoria.
Este xoves 9, a partir das 18 horas, a corporación municipal celebrará un pleno extraordinario. O primeiro punto da orde do día é o coñecemento da dimisión da alcaldesa presentada por Eva García de la Torre, segundo anunciou publicamente en rolda de prensa o pasado 23 de novembro.
Ademais, a orde do día da sesión inclúe oito puntos máis.
Adxuntamos un documento en “pdf” coa orde do día.