O alcalde Alejandro Lorenzo anunciou hoxe desde Mosende que o novo goberno municipal “acometerá un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”.

O rexedor que situou este plan como “un dos obxectivos prioritarios da acción de goberno” acudiu ata Devesa-Mosende en compañía dos concelleiros Ramón Porto, José Carlos González e Bienvenido Estévez e da arquitecta municipal.

Segundo Alejandro Lorenzo, “cómpre identificar os problemas e marcar prioridades para arranxar as estradas e camiños do viario municipal, con cargo ao próximo orzamento”, apuntou. O novo goberno municpal iniciou varios proxectos para a mellora de numerosos viais nas parroquias e no centro urbano”.  

Alejandro Lorenzo considera que “é moi importante que a cidadanía do Porriño que paga os seus impostos teña cubertos e axeitados os servizos básicos e esenciais. Esa é unha das nosas prioridades no goberno municipal do Porriño”, rematou o alcalde.