Este mediodía caeu outra árbore do Parque do Cristo afectado igual que os anteriores por problemas de podedumbre nas raíces. Tratase dun tilo que como os catro anteriores que caerán a semana pasada, terá que ser talado para evitar danos maiores. Este exemplar estaba dentro do recinto de xogos que fora restaurado hai dous anos e bateu contra outra árbore. Pola perigosidade que supón, precintouse a zona, mentres duren os traballos do servizo de parques e xardíns.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal indicou que un enxeñeiro da firma de xardinería “Adoa” que asesora ó Concello “estaba avaliando o estado das demáis árbores do Parque do Cristo”. Nunha primeira apreciación “non descartamos que poida haber outros exemplares afectados e que por previsión debamos talar tamén”, engadiu o concelleiro.
Moitas destas árbores son case centenarios e forman parte da paisaxe urbana da vila de O Porriño.