A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.  

A partires de mañá venres 27, comezará a entrega de dorsais  que se poderán recoller no Pavillón Municipal de Deportes entre as 10 h. e as 15 horas.

O mesmo día da proba, o luns 30 de decembro, os inscritos poderán recoller os seus dorsais no Pavillon Municipal ( entre as 8 h. e as 15 h.) e pola tarde, no Concello do Porriño (entre as 17 e as 19,30 h.)

Todos os inscritos deberán estar dez minutos antes do inicio da proba (prevista para as 20 horas) e colocarse na zona de saída, na rúa praza Arquitecto Antonio Palacios.

Todos os participantes deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó “SOS Porriño”, o Banco de Alimentos Municipal.  Por iso a proba chamase “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.

A proba está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

O remate haberá dous stands de bebidas patrocinados por “Mahou” e tamén chocolate para que os participantes repoñan forzas.

“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria” manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes que tamén está inscrito e participará na San Silvestre.