Axentes da Policía Local do Porriño, en colaboración con membros da Garda Civil, detiveron este domingo pasado, día 2 de setembro, a C.A.F.C. ,de 29 anos de idade,, polo incumprimento dunha orde de afastamento ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Vigo, segundo sentenza firme, cometendo este individuo un presunto Delito de Quebrantamento de Condena.
O detido atopábase preto da súa antiga parella quen tivo que esconderse no baño dunha cafetería do casco urbano do Porriño por medo a sufrir algunha agresión, motivo polo cal presentou a correspondente denuncia contra este suxeito.
O detido foi presentado este luns, día 3 de setembro diante do Xulgado de Primeira Instancia e e Instrución nº 3 do Porriño.