Axentes da Policía Local do Porriño detiveron o pasado domingo, día 15, a un individuo de 38 anos de idade, que atopábase fuxida da xustiza tentando evitar o seu ingreso en prisión e, deste xeito, forzar a prescrición da súa condena.
A orde de busca e captura para o seu traslado á prisión fora dictada polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, logo de que este home fora xulgado e atopado culpable dun Delito de Lesións.
Logo da súa detención, foi conducido, este luns, polos axentes ao Xulgado de Instrución nº 2 do Porriño, en función de garda, e dende o mesmo emitiuse a orde para o seu traslado á cárcere de A Lama.
Non é o primeiro arresto deste tipo que fai a Policía Local do Porriño este ano: o pasado mes de febreiro fora detido un home que levaba un ano fuxido dende que o Xulgado do Penal número 3 de Vigo ordenase a súa entrada en prisión.