Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño e Manuel Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP acordaron hoxe evitar unha duplicidade de plenos para tratar dos mesmos asuntos e concentrar nunha única sesión que se vai celebrar o vindeiro mércores 26. De tal xeito que o xefe da oposición retirará a petición doutro pleno extraordinario que tiña solicitado. Tratase de evitar a celebración de tres plenos da Corporación nunha marxe de poucos días.
A orde do día dese pleno do mércores 26 será o mesmo que ía a tratarse na sesión do pasado 30 de xullo que houbo que cancelar a consecuencia dun erro administrativo na convocatoria.
Nesa sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros.
Dase a circunstancia de que na vindeira seman a Corporación Local de Porriño celebrará outro pleno. Será un extraordinario que se convocou a instancias do Partido Popular e que está datado para o vindeiro luns 23. Nesa sesión o PP prantexa declarar a nulidade de pleno dereito da facturación recollida na conta 413 e que se inicie a revisión de oficio de todas as facturas dos exercicios 2016, 2017 e 2018.