O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”.
De tal xeito que as Concellerías de Educación e Xuventude do Porriño comunican a anulación do programa “BootCamp” e tamén da “Feira Tecnolóxica”. Ambas dúas serán datadas para o vindeiro curso 2020/2021 despois de que se celebre unha reunión coas direccións dos centros educativos.
Lembremos que “BootCamp” ía celebrarse neste mes de abril, despois da Semana Santa, enfocada aos alumnos de Secundaria, para axudarlles a coñecer e elixir saídas profesionais. E a “Feira Tecnolóxica”, tamén en colaboración coa empresa “KidCode”, anulase ata o vindeiro curso pola escasez de datas para a súa preparación xa que estaba prevista celebrarse o 29 de maio.