A Concellería de Deportes comunicou hoxe o aprazamento da proba ciclista “Xarotos Gran Fondo” que patrocina o Concello do Porriño e organiza o club local “Máster da Louriña”. A proba que ía celebrarse o vindeiro 7 de xuño pasará a celebrarse o domingo 30 de agosto, segundo decidiron Concello e club.

David Alonso, concelleiro de Deportes explicou que “á vista da prolongación do estado de alarma e ante a previsión de que poderiamos reunir 500 participantes e numerosos espectadores , pensamos que no mes de xuño probablemente non teríamos ainda as condicións axeitadas de seguridade e saúde para a súa celebración, polo que procedía adiar”.

A Federación Galega de Ciclismo, que inclue a “Xarotos” no calendario de eventos de gran fondo, xa recolleu o cambio de datas da proba