Lourdes Moure, concelleira de Facenda do goberno municipal explicou nunha ampla comparecencia no pleno da Corporación celebrado onte, a operación de renting realizada para renovar o parque móbil municipal e tamén a adquisición de locais para unha aula da UNED e para oficinas de Servizos Sociais.
No que atinxe a renovación dos vehículos para o Concello, Lourdes Moure argumentou que “o Concello de O Porriño tiña unha flota envellecida e en mal estado” polo que “optouse por un contrato de renting de envergadura para renovar o parque móbil con garantías de seguridade para o persoal municipal e de cobertura das necesidades básicas para o Concello”.
A concelleira explicou que “levouse a cabo un estudo do custe anual do renting fronte aos custes de xestión directa polo Concello tomando como referencia o período 2010-2014. E fixemos a súa comparación co período 2015/2019 no que xa empregamos a fórmula de renting”.
Lourdes Moure manifestou que “comprobando os datos extraídos da contabilidade resulta que coa xestión deste goberno e facendo a comparativa co goberno anterior, atopamos que hai un aforro de máis de 900.000 euros na comparación a favor noso co respecto o de Nelson Santos”.
A concelleira de Economía e Fazenda engadiu o dato de que “no período 2010 / 2014 no que gobernou po PP, soamente o Sr. Alejandro Lorenzo, percibiu 8.254,75 € en concepto de dietas de desprazamento, dos 27.008,93 € que percibiron o resto do goberno municipal que erades 9 concelleiros”.
A concelleira comparou ese dato “co custe que lle indico de 3.017,41 € do goberno municipal do PSOE no mandato anterior, que corresponde cos gastos ocasionados polo irmanamento con Francia e inclúense o custe do viaxe a Madrid para solucionar o problema do Paso a Nivel”.
Pola súa banda o voceiro municipal do Partido Popular agradeceu a entrega da documentación solicitada pero rexeitou os datos aportados pola voceira socialista. “Teño a sensación de que está vostede a misturar moitas cousas e conceptos” respostou Alejandro Lorenzo que afirmou que se reserva a demanda de máis información.
Pola súa banda Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde e voceiro do BNG expusou “estar en discrepancia tanto co fondo como coa forma da exposición da concelleira comparecente” ainda que evitou pormenorizar e apelou a que “o que agora toca es mudar certos hábitos de gasto desde o novo goberno coaligado”.
Tamén o voceiro de EU Son indicou a súa discrepancia coa exposición da comparecente lamentando “a ensalada de número e cifras que trouxo e nos entregou a cada grupo”.
Por outra banda, na segunda parte da súa comparecencia Lourdes Moure informou sobre a compra dos locais para aula da UNED en rúa Fernández López y para Servizos Sociais do Concello en rúa Antonio Palacios. Como parte das xestiones realizaounas a alcaldesa, tamén Eva García participou das explicacións.
Razonaron que a adquisición de ambos locais resultaba con mellores condicións para o erario municipal e ademáis adquiríase patrimonio para o Concello. En canto ós prezos aboados estaban en consonancia cos de mercado. A alcaldesa argumentou que “con cada un deles destistiuse dos contratos de aluguer inicialmente prantexados”.
O voceiro do PP preguntou si habería que aboar os alugueres de ese período inicial (tres meses). A alcaldesa garantiu que non por común acordó entre Concello e axencia inmobiliaria.
Pola súa banda, o BNG expresou a súa discrepancia co local elixido para a UNED entendendo – como tamén argumentou o voceiro de EU Son- que tería sido “máis axeitado trasladar esa aula a Torneiros, xa fora ó multiusos ou ben a outros locais dispoñibles”.
Para rematar o debate do asunto Eva García lembrou que co novo pacto de goberno, “esta alcaldesa delegará as súas competencias e polo tanto será decisión do pleno municipal o que atinxe ó patrimonio municipal, xa sexan compra-venda, aluguer, permuta e cesión”.