Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.
Á reunión presidida por Eva García, asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que é actualmente á que acuden máis bañistas e curiosos. Por parte municipal, ademáis da alcaldesa, a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, así como o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado que asesora técnicamente ó Concello de Porriño.
A medida máis inmediata que se vai acometer será impedir o acceso ás pistas mineiras mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Tratase dun portalón xa existente que vaise a adiantar para colocarse noutro punto onde teña máis efecto disuasorio. Será executado de inmediato por persoal de “Pocasa” como titular da concesión.
No que atinxe a sinalización, a pesares de que hai dabondo, acordouse colocar outros sinais de que está prohíbido e que é perigoso o baño nesas canteiras. “Non é unha zona de ocio, é unha zona mineira onde non está permitido o acceso”, precisou a alcaldesa Eva García.
E por outra banda o Concello de Porriño vai estudar a ordenanza municipal “para ver se teñen cabida posibles sancións con multas tanto a conductores e vehículos como peons que a pesares das prohibicións accedan a esas canteiras xa sexa para o baño ou para sacar fotografías”, explicou Eva García.
Todas estas medidas “son para protexer a seguridade de todos” dixo a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta anterioridade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou a alcaldesa.
Esta situación xurde de que das 30 explotacións de granito existentes actualmente en Porriño tan só 9 atopanse operativas e con producción testimoniais. As restantes atopanse en paralización temporal e sen actividade extractiva.
Nun informe elaborado para o Concello de Porriño polo enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, subliñabase que o principal problema sitúase na canteira “Arcace nº 21”, en Atios “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso en coche como a pé e logo de acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira “Arcace” impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lembrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas “Perigo” e “Prohibido pasar” de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.
O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión “Benedicta nº 1544” da que é titular “Porriñesa de Canteiras”.