O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED que terá esta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018.
A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros.
O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.
“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño.
“A elección deste local na rúa Fernández López responde a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles” “E tamén cumprir co mandato do acordo plenario que demandaba que fose un local no centro do casco urbán” suliñou Eva García.
Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
O futuro aproveitamento do local xa está deseñado polos técnicos municipais conforme o proxecto elaborado do que mostramos dúas imaxes.