A comitiva de 16 estudantes franceses procedentes de Fronçac que visitaron Porriño durante unha semana concluiron hoxe sábado a súa presenza en Galicia e retornaron a mediodía por vía aérea, dende Oporto, ó seu país.
Tratábase da viaxe de devolución de visita á que fixeron previamente a Fronçac alumnos porriñeses do IES Ribeira do Louro e dos colexios “Hermanos Quiroga” e “Santo Tomás”, concretamente o ano pasado. Estas actividades desenrolanse ó abeiro do acordO de irmandamento que suscribiron o Concello de Porriño e a vila de Fronçac.
A xeito de despedida, na tardiña do venres, a comitiva de estudantes mailos profesores acompañantes e as familias que lles acolleron estes días participaron nunha recepción ofrecida polo Concello de Porriño. E como lembranza fixeron o posado que recolle a imaxe adxunta.


Orlando Márquez, concelleiro do goberno municipal foi o anfitrión debido a una indisposición da alcaldesa Eva García que disculpou a súa ausencia.
Na semana que a comitiva francesa permaneceu entre nós, coñeceron Santiago de Compostela; varias industrias do sector da pedra dos polígonos de Porriño; fixeron un treito do Camiño Portugués dende Tui e recibiron no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase escalada a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.