A Alcaldesa de Porriño, Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón e mailos responsables da empresa “Ekohuerta” e da AVV San Benito e San Sebastián presentaron hoxe no Concello de Porriño a séptima edición do Mercado de Primaveira que se vai celebrar o vindeiro sábado 13 de abril na rúa Manuel Rodríguez.
“Tratase dunha iniciativa que celebramos dende o Concello por que promociona a vida saudable, a conciliación co noso entorno e ademáis de ser unha actividade que contribue á dinamización da vila de Porriño. Para este goberno municipal é un pracer colaborar con vos e temos que darvos as grazas porque iniciativas deste tipo dinamizan a vida social, comercial e cultural de Porriño”, suliñou a alcaldesa García de la Torre.


Previamente Manuel Nieto, responsable de “Ekohuerta” explicou que o Mercado de Primaveira “aposta polo producto ecolóxico, sán e sostible” e indicou que no programa desta edición “imos facer un esforzo divulgativo entre os nenos cun taller de elaboración de pizzas artesás para rapaces de 3 ata 15 anos para que coñezan a comida sán e respetuosa co entorno”. dixo.
Pola súa banda Carmen Rodríguez, presidenta da AAVV San Benito e San Sebastián agradeceu á alcaldesa “a colaboración que nos brinda o Concello de Porriño para manter este evento que, incluso a nós, sorprende que chegara xa á séptima edición”.