A plantilla da factoría de “Levantina” en Porriño aceptou finalmente o ERE extintivo que no caso da pranta de As Gándaras de Budiño afectará a 18 traballadores, unha cifra sensiblemente inferior á primeira que se barallaba que era de 33 operarios.
As negociacions entre dirección e traballadores dos centros de producción de “Levantina” concluiron onte mércores. Na fábrica de Porriño, o acordo para o ERE votouse anoite e foi respaldado polo 60% da plantilla, segundo confirmaron fontes laborais ó Concello de Porriño.
Os traballadores afectados polo ERE cobrarán 27 días de salario por ano traballado cun máximo de 14 mensualidades, segundo acordou o comité de personal e a dirección de recursos humans de “Lecvantina”.
A alcaldesa Eva García valorou a nova coma “un alivio fronte ás expectativas iniciais que eran moitísimo máis inquedantes e graves para a nosa cidade, ainda que a perda de 18 empregos doenos polo que supón para outras tantas familias de Porriño”, engadiu.
A alcaldesa de Porriño seguiu o desenrolo das negociacions do ERE en contacto coas partes e fixo chegar á dirección da empresa a súa preocupación polo impacto que tivera o ERE na instalación de “Levantina” en Porriño.