Ante a reiteración de lumes nas instalacions da empresa “Xesnatura” nas súas naves en chan industrial de Porriño, a alcaldesa Eva García vén de anunciar esta mañán “a apertura dun expediente informativo”. “Queremos saber as circunstancias deste último incidente de anoite e dentro do ámbito das nosas competencias, o Concello actuará”, dixo a alcaldesa.
A primeira autoridade municipal lembrou que no Concello xa constan antecedentes “xa que resultan reiterativos os incidentes deste tipo nese grupo de empresas”.
Con respecto a investigación encargada Eva García engadiu que “tamén daremos copia de toda a información que recabemos ás Consellerías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galicia para que tamén eses departamentos actúen segundo as súas competencias”, concluíu.
A Policía Local de Porriño tivo noticia do lume ó redor das tres da mañán. Segundo informou o Oficial Xefe da Policía, movilizaronse Bombeiros de Porriño e desprazouse un equipo do Grupo Municipal de Vontarios de Protección Civil cun camión. Solicitouse tamén apoio dos parques de Vigo e Morrazo ainda que non foi nenesaria a súa intervención pois ás seis da mañán o lume fora extinguido sen danos personais e os materiais pendentes de valoración.