A concelleira de Comercio, Formación e Emprego de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a responsable da área de Benestar , Emprego e Igualdade do Porriño, Soledad Girón, presentaron este luns a ‘II Andaina dos Sentidos’, que será o vindeiro domingo, día 10 de xuño.
Esta iniciativa, que forma parte do ‘Proxecto de Prevención de Drogodependencias 2018-2019’, que conta coa subvención da Xunta de Galicia, arrincou con programas coma ‘Cinensino’, nos centros educativos, abrangue diversos programas que levaranse adiante ao longo deste e do vindeiro curso, con iniciativas coma programas de prevención para autoescolas, formación de mediadores ou programas para centros escolares de Primaria e Secundaria, entre outros.
As familias de Salceda de Caselas e do Porriño que queiran participar nesta andaina que descorrerá polo medio da natureza, poden inscribirse chamando ao teléfono 679151574. Dende os dous concellos lembran que o número de prazas é limitado.