Estender as liñas de bus ata os polígonos industriais do Porriño, estudar a posibilidade de crear ‘circuítos circulares’ que comuniquen os diferentes concellos da zona sur entre sí, “tal e coma debería terse feito no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta”reforzar as comunicacións e frecuencias coas parroquias, comezando por Torneiros, e aumentar o número de vehículos que conten con ramplas e plataformas adiadas para persoas con diversidade funcional.

Estes foron os temas tratados este luns entre a alcaldesa, Eva García de la Torre, e José Manuel Álvarez, director de FaiBus-concesionaria de transporte entre Vigo e O Porriño-, que mantiveron unha “longa xuntanza” na Alcaldía na que constataron, sinala García de la Torre, as “carencias” do servizo na actualidade.

Entre elas, a alcaldesa sinalou a falla de frecuencias coas parroquias da vila, lembrou a supresión do último bus que saía de Vigo ás 10 e media da noite, “e que daba servizo a veciñas e veciños do Porriño que traballan en Citroën” e a carencia dun enlace co Campus Universitario.

Ás mesmas súmase o feito de que “non hai unha so aliña que chegue ata os polígonos industriais, que teñen unha ‘poboación flotante de 35.000 persoas que veñen cada día aos mesmos e que carecen totalmente dunha opción de transporte público”, que se adapte ás súas necesidades e aos horarios de entrada e saída das empresas.

Así mesmo, García de la Torre subliñou a necesidade de aumentar o número de buses que dispoñan de ramplas para persoas con diversidade funcional xa que “na actualidade son 3 de 90”- os 3 de 29 de FaiBus, porque o resto dos autocares das compañías que pasan polo Porriño cara a Vigo non dispoñen de plataformas para cadeiras de rodas-, un problema a que hai que engadir o feito de que algunha destas ramplas non están homologadas, “un requisito que non esixiu a Xunta cando adxudicara o servizo”.

A alcaldesa constatou que o Plan de Transporte da Xunta “non é operativo, deixa a veciñas e veciños das parroquias do Porriño sen servizo e  é máis caro, posto que o billete segue a custar o mesmo,  ofrecendo menos frecuencias , enriba, aumentando a cantidade que aporta o Concello a dito plan”.