Dentro do programa de actividades da Biblioteca Municipal do Concello do Porriño, o 23 de abril, co gallo da celebración do ‘Día do Libro’ terá lugar a actividade: ‘O Noso Patrimonio’, un paseo polos barrios de San Benito e San Sebastián.
A historiadora da arte Rebeca Leboso dará a coñecer aos asistentes as bisbarras da vila os seus arredores: a partir do seu coñecemento, a través de bibliografía sobre o tema e como porriñesa, achegará, un pouco máis, ás veciñas e veciños a estes lugares.
Tras a charla, que terá lugar as 5 da tarde na Biblioteca Municipal, faráse un roteiro por ditos barrios aproximándoos a súa historia e patrimonio.
É unha cita adicada a todos os públicos. Están invitados a asistir todos aqueles aos que lles interese saber un pouco máis sobre este tema, ou simplemente a aqueles que xa coñezan pero queiran lembrar.