O Campamento de Verán organizado pola concellería de continuará desenvolvendo a súa actividade ata o comezo do curso escolar. Para iso, abrirase un novo prazo de presentación de solicitudes mañá día 30 de xullo ás 9 h e pecharase o venres 2 de agosto ás 8:59 h.
Este recurso de conciliación está dirixido aos/as máis pequenos/as da casa, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (ambos inclusive). Haberá dúas quendas, unha do 12 ao 23 de agosto, e outra do 26 de agosto ao 10 de setembro.
As solicitudes poderán descargarse directamente na web municipal ou recollerese presencialmente no Rexistro, sito no 1º andar do Concello do Porriño, para a súa posterior presentación por sede electrónica ou de maneira presencial. O número de prazas é de 50 nenos/as e nenas en cada unha das quendas e darase prioridade aos/ás menores empadroados/as no Porriño.
O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do CEIP Xosé Fernández López. A entrega será ás 9 h e a recollida ás 14 h. Os rapaces e rapazas deberán levar ropa e calzado cómodos, unha mochila con calzado de reposto, unha merenda e auga, sendo obrigatorio que todos e todas as participantes vaian con crema solar e gorra. Co fin de facilitar a conciliación das familias que o precisen os/as nenos/as poderán chegar ás 8:30 h e recollerse ás 14:30 h.
No caso de precisar algunha vestimenta diferente, como por exemplo bañador, gafas ou toallas, serán os/as monitores/as as persoas encargadas de comunicalo.
Dende a concellería lembran que as únicas persoas autorizadas para entregar e recoller aos/as nenos/as serán as que instaron a solicitude. No caso de ser outra persoa a encargada, esta deberá ser maior de idade e levar xunto aos/as monitores/as a autorización correspondente asinada: achegando os DNI da persoa autorizante e autorizada.
FOLLA DE SOLICITUDE E BAREMO: https://oporrino.org/wp-content/uploads/2024/07/FOLLA-DE-INSCRIPCION-E-BAREMO-CAMPAMENTO-DE-VERAN-2024-1-1.pdf