O Concello do Porriño, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, organiza as Xornadas de Eficiencia Enerxética no Centro Cultural Alba de Torneiros, o vindeiro mércores 12 ás 18:30 horas.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, inaugurará este evento informativo para a veciñanza. Nel se explicarán as axudas en materia de rehabilitación residencial e vivenda social na contorna residencial de Torneiros, nesta primeira rolda, así como outras axudas relativas a eficiencia enerxética e enerxías renovables, as compatibilidades entre as diferentes subvencións.
Ademáis, en estas xornadas se falará das diversas solucións de eficiencia enerxética e dos certificados de eficiencia enerxética.
As charlas sobre cada tema serán impartidas por expertos na materia: Antía Carrera, concelleira de Medio Ambiente no Concello do Porriño, Juan Ignacio Rodríguez-Arroyo, director do Departamento de Enerxía do INEGA; Bruno Sánchez, técnico superior en Proxectos de Edificación e Obra Civil e responable do departamento BIM en Sertogal, S.L.; Sergio Rodríguez, enxeneiro industrial e CEO de Sertogal, S.L; Javier Méndez, CEO de ENvoltia; e Santiago González, analista en Simples Energía de España, S.L.