Continúa a Caravana Municipal con parada en Pontellas este xoves

●        A vindeira semana rematará esta etapa con parada en Chenlo O Porriño, 14 de xullo de 2026. O Concello do Porriño continúa a avanzar no seu obxectivo de achegar a administración local a todas as parroquias a través da Caravana Municipal de Atención Cidadá.…

Ata o 16 de xullo podense presentar as solicitudes para  instalar postos e atraccións en Porrigalia 2026

O Concello do Porriño aprobou as bases reguladoras para autorizar a instalación de postos de venda ambulante e atraccións durante a festa de Porrigalia 2026, que terá lugar os días 25 e 26 de xullo. As persoas e empresas interesadas teñen dende o o 16…

O Concello do Porriño condena o ataque cun perdigón a unha gata en Torneiros e busca aos responsables

O animal, que fora localizado recentemente nunha colonia felina da zona, tivo que ser intervido de urxencia e sufriu a perda dun ollo. O alcalde lembra que o maltrato animal é un delito grave e fai un chamamento á colaboración cidadá para dar co autor…

O I Torneo de Xadrez do Porriño válido para Elo FIDE abre as súas portas a profesionais e afeccionados

A competición terá lugar na praza do Concello este venres 17 de xullo a partir das 19:30 horas. O Porriño, 13 de xullo de 2026 – Este venres, 17 de xullo, as pezas de xadrez tomarán o protagonismo na praza do Concello do Porriño coa…

O Porriño instala unha pantalla xigante na praza do Concello para seguir o España – Francia

O Porriño, 11 de xullo de 2026.  O Porriño segue animando a La Roja. Logo do éxito de convocatoria do España-Bélxica, con varios centos de persoas seguindo e animando á selección, o Concello do Porriño vén de anunciar a instalación dunha pantalla xigante nesta ocasión…

Están en marcha as obras de mellora e modernización do campo de fútbol do Lourambal

O proxecto conta cun orzamento de máis de 678.000 euros e un prazo de execución estimado de catro meses. As actuacións inclúen a instalación de céspede artificial de última xeración, a renovación integral do equipamento e un novo sistema de iluminación e rego. O Porriño,…