Hoxe rematará o ciclo “Marzo de sábados teatrais” coa “Comuna da Ingrávida”. O último espectáculo “on line” deste ciclo que ademais servirá para celebrar o Día Mundial do Teatro que se conmemora neste 27 de marzo.
A celebración contará coa compañía de artistas convidadas, Mariana Carballal e Tatán de Tanxarina entre outras, na posta en escena en liña.

Lembremos que este ciclo consistiu nunha proposta teatral compatible cos tempos de restricións que estamos a pasar, chamado “Teatro confinado”. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación “Zoom”.


A proposta de hoxe por parte de “Xerpo” é una “zoomtanza” na que o público asistirá a unha presentación da “Comuna da Ingrávida” na que unha por unha irán presentando e falando coas artistas convidadas e, ao final, lerase o Manifesto do Día Mundial do Teatro polo ITI (International Theatre Institute) traducido ao galego.

Ciclo “Marzo de sábados teatrais”: “A comuna da Ingrávida”