O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente.
Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios:
· 10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
· 12:00h visita laboratorio e video proceso depuración (menores 12 anos acompañados)
· 16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
Os interesados poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es