Todo está xa preparado para a que será a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito e que, como todos os anos conta co patrocino do Concello do Porriño, por medio da Concellería de Comercio que dirixe Marcelino Coto.
O programa desta edición abrague unha importante variedade de propostas, entre elas maridaxes, show cooking, convinación do pan con produtos da zona, obradoiros para nenas e nenos, música e, coma novidade, o 1º Certame ‘ Empanadas no Ring’, un concurso pensado para para coñecer cal é a mellor empanada das parroquias da vila- Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, Porriño ou Torneiros-.
Os interesados e interesadas en participar neste concurso poden inscribirse, de balde, ata o vindeiro mércores 30 de maio, mandando un correo ao enederezo electrónico comunicacion@acipor.es. O mesmo debe conter o nome de 5 integrantes do equipo que se presenta e o teléfono do ‘capitán ou capitana’ do mesmo, para poder comunicarse coa organización.
Programa
O programa da Feira empezará o venres, día 1, ás 7 da tarde, coa apertura da mesma e a degustación, gratuita, de 200 racións de pan, xamón e cerveza artesán.
O sábado, día 2, os 15 postos da Feira, formados por 8 panaderías- Argibay, Amaquía, O Forno de Mosende, Chinchina, Panadería Torneiros, Los Milagros, Erundina e O Progreso- e 7 de diferentes produtos, coma marmeladas, cervexas, embutidos, viño, licores, mesmo o famoso Requeixo de As Neves, abrirán ás 10 da mañá.
Ás 10 e media será o momento da ‘Animación na rúa’, coa actuación da Charanga OT. A mesma dará paso, ao mediodía, ao pregón, que este ano será a cargo da cociñeira porriñesa Marta Rodal, que compaxina o seu posto de directora da Escola de Cociña ‘O Xogo da Ola’, co traballo no Restaurante Jorge Lorenzo. No mesmo tmén intervirán o concelleiro de Comercio, Marceino Coto, e a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Ás 12:30 horas empezará o show cooking ‘Maridaxes do Pan do Porriño con produtos artesáns’, a cargo das alumnas e alumnos da Escola EFA A Cancela.
Xa pola tarde, ás 5, empezará a xornada do ‘Mini Pan’ co obradoiro infantil no que as cativas e cativos aprenderán a facer pan; ás 7 da tarde coñeceranse as gañadoras e gañadores do Certame ‘Empanadas no Ring’ e ás 9 da noite será a clausura da edición da Feira do Pan deste ano.