O punto SmartPeme do Porriño impartirá distintos talleres a semana que ven, na súa sede no Multicentro de Torneiros, aos que as persoas que queiran poden anotarse chamando ao teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme – www.smartpeme.depo.es
O luns, día 23, ás 7 da tarde tratarase ‘Smartdata, o CRM coma aliado para conquistar ao cliente”. O taller ten coma obxectivo explicar qué é un CRM, porqué é unha ferramenta útil para as empresas e coma aprender a facer un ‘plan de acción’ que leve a nosa estratexia de negocio ata os consumidores.
O mércores, día 25, á mesma hora, ‘Habilidades ofimáticas: uso de fórmulas en follas de cálculo”.
As follas de cálculo son un dos programas máis empregados polas empresas pola súa versatilidade e posibilidades. Neste taller, pensado para usuarios con coñecementos en follas de cálculo, falarase do uso de función adiantadas e das posibilidades de combinación de varias delas.