O Goberno local do Porriño, dacordo cos organizadores da VI edición do ‘Triatlón Concello do Porriño”, logo da explosión ocorrida no barrio de Paramos, en Tui, veñen de decidir a suspensión da proba que ía disputarse o vindeiro sábado día 26 de maio. Hai que lembrar que parte do percorrido do triatlón estaba previsto que transcorrise polo concello de Tui.
O Goberno local do Porriño e a organización da proba, estudan posibles datas para a súa celebración.