O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020.
Este proxecto do goberno municipal, a proposta do concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expón o tratamento deste espazo urbano cunha mellora que abrangue a renovación e ampliación dos servizos existentes. A tal fin compre a demolición do firme actual e a súa substitución por un en-lousado en pedra. E ademais acometerase a recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga, telecomunicacións e electricidade.
Como apreciase nas imaxes de recreación virtual que acompañan esta nova, a rúa Aloques quedará de tránsito peonil, sen tráfico de vehículos agás residentes, segundo o proxecto que foi presentado previamente polo concelleiro de infraestruturas aos residentes na reunión que celebraron o pasado 5 de decembro que tivo lugar na casa do Concello.
Nesta mesma páxina web do Concello, no Portal de Transparencia, na pestana Perfil do Contratante, pódense consultar as condicións do prego.
A licitación, aberta, dende o martes 2, establece que unha vez adxudicado o contrato, as obras comezarán en setembro e terán un prazo de execución de 4 meses.