Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó carón do Cemiterio.
Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a programación deste ano.
O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.