- O evento desenvolverase nas inmediacións do río Louro
O Porriño, 11 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño celebrará o vindeiro 28 de xuño o Día do Porriño Orgulloso, unha xornada festiva con actividades lúdicas, música en directo, postos de comida e espazos para a venda de produtos de segunda man.
O evento desenvolverase nas inmediacións do río Louro e está aberto á participación de persoas particulares e profesionais que desexen instalar un posto.
Xa están dispoñibles as bases para a participación, nas que se detallan os requisitos, condicións e documentación a presentar.
Consulta na ligazón de abaixo as bases completas: